A Calidade no CPI Atios

lunes, enero 23, 2012

AUDITORÍA INTERNA CARBALLO CALERO

O martes 24 de xaneiro o responsable de calidade do CPI de Atios acudirá á auditoría interna no IES Ricardo Carballo Calero.



domingo, enero 22, 2012

AS NON CONFORMIDADES NA AUDITORIA INTERNA


Unha vez rematada a auditoría interna obsérvanse varias non conformidades que tanto os xefes de departamento como o profesorado en xeral debe revisar e que a continuación detállanse: 

-Existe una non conformidade porque nalgún caso os modelos de matriculación actuais non coinciden cos recollidos no procedemento


- Existe una non conformidade porque no procedemento se reflexa que o secretario ten que asinar as actas de avaliación cando eso non é asi por lei, polo tanto o procedemento e erróneo

Espero que todos/as sigamos estas indicacións, polo que vos anticipos as grazas.



martes, enero 10, 2012

FORMACIÓN

FORMACIÓN
Estanse a desenrolar as actividades de formación previstas no DC6201.(Plan de formación)


lunes, enero 09, 2012

AUDITORIA INTERNA EN ATIOS

O xoves día 19 de xaneiro teremos a auditoría interna, virán dou auditores de fóra do centro: Maria Sobrín  IES Ricardo Carballo Calero,  e Conchi Ferreiro do CEIP As Pontes, e o resto de auditores serán membros do claustro. Lémbrovos que unha auditoría serve para avaliar o sistema, é dicir, verificar que as cousas se fan según pon nos procedementos. Non se trata de avaliar a personas concretas senón de comprobar o grado de implantación do sistema, e no caso de atopar erros tratar de subsanalos.Tamén é importante que tódolos membros do claustro vaiamos sendo auditores e auditado





miércoles, diciembre 21, 2011

SESIÓNS AVALIACIÓN

Os días 14,15,19 e 20 de decembro foron as sesións de avaliación. Lembrar a importancia dos titores neste proceso e que dende que as sesións de avaliación teñen lugar coas actas de avaliación de calidade o proceso é mais concreto e centrándonos máis no importante.
Esta avaliación as sesións de avaliación desenrolaronse en xeral dun xeito moi satisfactorio. esto indica o nivel de compromiso do profesorado co sistema de calidade. A seguir traballando

domingo, diciembre 11, 2011

2ª REUNIÓN DE DELEGADOS


O mércores 09 de decembro celebrouse a 2ª reunión da Xunta de delegados
Nesta reunión trataronse os seguintes temas:
Presentación á Xunta de delegados dos tres alumnos elexidos como representantes do Consello Escolar.
Problemas xurdidos nas distintas clases.
Suxerencias, queixas e reclamacións.
O alumnado vai pouco a pouco mostrandose máis participativo nas reunións.

lunes, diciembre 05, 2011

1ª AVALIACIÓN


Os días 14 e 15 de decembro serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos de E.I. e E.P.
Os días 19 e 20 de decembro serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos de E.S.O.


Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.

Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.

Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia.