A Calidade no CPI Atios

martes, abril 04, 2006

Auditoría INTERNA

Continuando ca docencia dos grupos de Sanxenxo neste ano 2006 e unha vez finalizada a temática dos procedementos, tocanos implantar o sistema de Calidade no Centro.

Para demostrar o grao de implantación tivemos unha auditoría interna na que acudiron os nosos compañeiros do grupo de calidade da rede G5a, o noso centro educativo.

Dende a tarde do xoves, estivemos alonxados no Hotel Río do Pozo de Narón. Tivemos un trato exquisito e algúns disfrutaron dun circuíto no SPA. Xa pola noite tivemos unha cena de encontro no mesmo hotel e comezmos a preparar a auditría interna que teríamos na xornada seguinte.

As 9:00 horas desprazamonos dende o hotel ata o centro e despois dunhas breves novas de presentación comenzou o proceso de Auditoría do sistema de calidade.

Auditouse todo o sistema de forma global poo que auditaronse a todas as figuras representativas do centro, dirección Xefatura de estudos, orientación, secretaría, mantemento, Responsable de Calidade e por suposto o profesorado tanto de educación infantil, primaria e secundaria.

Despois de ter unha comida no centro para o profesorado que participou na auditoría como persoal observador e para os integrantes da rede G5a e os nosos titores (Vicente Docasar e Gerardo Manrique), estivemos paseando pola beira do mar ata a sesión vespertina.

Xa as 16:00 horas comenzamos a redacción do informe da auditoría no que se recollen 23 non conformidades e 23 observacións ou suxestións dos auditores para mellorar o funcionamento do sistema.

A pesar destes datos numéricos a sensación do traballo ben feito circulaba polo ambiente e nos non recibimos mais que felicitacións e parabens, que facemos extensibles o resto de compañeiros do centro CPI de ATIOS.