A Calidade no CPI Atios

miércoles, junio 11, 2008

AVALIACIÓN FINAL

Os días 17 e 18 de xuño serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos do CPI de Atios. Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.
Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías (hai que gardalas a final de curso nas carpetas que hai na sala de calidade), as actas de cada departamento ou órgano do centro e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares. Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia