A Calidade no CPI Atios

jueves, febrero 19, 2009

INFORME AUDITORÍA INTERNA

En primeiro lugar, hai que destacar que o procedemento de auditoría interna, difícil polo esforzo de planificación e loxística que implica, resultou como estaba previsto en todas as actividades planificadas, e dacordo co horario previsto na axenda de auditoría. A actividade académica cotiá do centro só se viu alterada na medida en que un evento deste tipo é imprescindible que o faga, pero non máis.

As conclusións da auditoría son satisfactorias polo grao de implantación do sistema de calidade no centro educativo a pesar da renovación do claustro.

De xeito resumido podese dicir que, despois da posta en común dos auditores, tanto do centro coma externos, detéctanse 4 non conformidades do sistema e os auditores presentan 9 observacións ou suxerencias ó sistema para que poida ser mellorado.

Cómpre resaltar que neste curso 08-09 houbo unha renovación do profesorado importante tanto en educación primaria coma en secundaria, en total 12 profesores novos nun claustro de 50, asimilar o sistema de calidade non é tarefa fácil para os que chegan pero polo resultado da auditoría parece que este proceso levouse a cabo de xeito satisfactorio.

A disposición do persoal do centro, tanto das funcións auditadas como do profesorado obxecto de revisión, ten sido de plena colaboración, a pesares da dificultade de asimilar unha dinámica tan novedosa e que, con frecuencia, inspira tantos recelos, como a que supón un sistema da calidade en xeral, e unha auditoría interna moi en particular.
Nese senso, é obrigado felicitar a todo o persoal deste centro polo seu traballo e responsabilidade e pola confianza amosada nas persoas que con ilusión por mellorar e proxectar o centro o máis posible, lideran este difícil reto.

Un dos puntos fortes que alabaron os auditores/as foi a informatización do sistema de calidade e a páxina web do centro. Agora é tempo de adicarse a traballar sobre o material que xurdeu na auditoría, mellorar e incrementar as características de calidade e seguir, entre todos, avanzando na mellora do noso centro.