A Calidade no CPI Atios

viernes, octubre 16, 2009

CRITERIOS DE AVALIACIÓN



Todos os departamentos e ciclos deben ter actualizado ou revisado o MD760101 Comunicación dos criterios de avaliación vixentes á Xefatura de estudios.

A modificación ou revisión dos criterios debe facerse constar nunha acta de reunión de departamento ou ciclo, asemade é necesario deixar unha copia impresa na carpeta "Criterios de avaliación" no despacho de Xefatura.

A presentación dos criterios de avaliación deberá facerse durante o mes de outubro e é o paso imprescindible para realizar o procedemento de calibración no mes de novembro.

Lembrar tamén a obriga de presentar as programacións a aqueles que aínda non a entregaron e que debe quedar rexistrada unha copia da presentación de asignatura en Xefatura.

1 Comentarios:

  • Noraboa polo traballo realizado, eu sei o que significa ter ó día todo o que implica o sistema de calidade.

    By Blogger Juan Luis, at 12:42 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home