A Calidade no CPI Atios

martes, diciembre 14, 2004

Primeira reunión do Grupo de Mellora

O día luns 13 de decembro tivo lugar a primeira reunión do grupo de mellora do centro, ás 11:15 horas e cunha duración estimada de 15 minutos.

Nesta reunión pretendíase entregar a documentación acadada nas reunións anteriores en Sanxenxo.

O primerio que fixemos foi fixar as normas de conducta para as reunións:
  • Puntualidade
  • Non saír da zona de influencia
  • Respecto ó moderador
  • Actitude constructiva
  • Tentar que exista un un bo clima de traballo
  • Evitar conversas paralelas
  • Asunción de responsabilidades
Todos estes puntos foron aceptados por os asistentes a esta primeira reunión e tamén nela, decidiuse que sempre se nomearía a un secretario/a que levantase acta da reunión e un moderador que moderaría as reunións, e estes cargos serán sempre elexidos de forma rotatoría, e non é posible negarse.