A Calidade no CPI Atios

martes, abril 05, 2005

Quinta reunión da rede G5a en Sanxenxo

Os pasados días 30 de marzo e 1 de abril, e despois da volta das vacacións de Semana Santa, reunímonos en Sanxenxo de novo, os grupos das diferentes redes de calidade na educación que estamos a traballar en Galicia.
Nesta ocasión, e despois de ter o traballo feito, mostramos as nosas inquedanzas sobre temas máis concretos, e sobre todo referentes os problemas e dicusións xurdidos nas reunións dos grupos de mellora dos diferentes centros do noso grupo de traballo.
As xornadas didácticas foron duras e densas, pois nesta acasión tocanos traballar co nucleo central do sistema de calidade os procedementos de actividaes na aula, avaliación e homoxeneización de criterios.
Os traballos a facer son precisamente estes procedementos e algún máis para que non perdamos moito tempo.
  • PR750104 procedemento de actividades na aula
  • PR750106 procedemento de avaliación
  • PR7601 procedemento de homoxeneización e calibración de criterios de avaliación
  • PR8203 procedemento de plans de control