A Calidade no CPI Atios

miércoles, febrero 16, 2005

Remate da xuntanza para a elaboración dos valores do CPI Atios

O martes 15 de febreiro ás 17:30h, reúnese de novo o grupo de mellora no que é a sexta reunión e tódolos asistentes á anterior reunión.





O obxectivo era concluír a redacción do anexo F do manual de calidade, no seu apartado dos valores do centro.
O texto resultante foi o seguinte:

Os valores do CPI ATIOS aséntanse no traballo eficaz e flexible, no que fomenta o esforzo e a responsabilidade dentro dun ambiente cordial e respectuoso que prima a confianza e a autoestima.
Democracia: favorécense as decisións colectivas e o traballo en equipo, respectando as distintas formas de participar na comunidade educativa.
Responsabilidade: caracterízase, tanto a nivel individual como colectivo, por fomentar a creatividade, o esforzo e a confianza nas propias posibilidades, manténdose no círculo de influencia, e sen perder de vista a interacción co medioambiente.
Integración: mediante a flexibilidade e o recoñecemento das propias e das diferentes identidades, capacítase para respectar, acoller e valorar as distintas expresións sociais, culturais e lingüísticas.