A Calidade no CPI Atios

jueves, junio 29, 2006

Sexta reunión do grupo de mellora, revision do Procedemento de actividades de aula

O pasado día 27 de xuño de 2006 reuniuse o grupo de mellora para estudiar a posibilidade de modificar o procedemento de actividades de aula, no seu apartado de entrega das presentacións da programación ó alumnado no principio de curso.

Ata agora as presentacións tiñan que ser entregadas en Xefatura de estudos e o alumnado por escrito nas primeiras sesións de clase. Pero o profesorado prefiere explicar, cada que o seu alumnado como vaise plantexar o curso.

Polo que a partires de agora na revisión 1 do procedemento PR750104 so é necesario entregar o principio de curso a presentación da asignatura (MD75010404) na Xefatura de estudos.

O profesorado pode explicar esto ó alumnado, ou se prefire tamén pode entregarlles unha copia das presentacións, pero a caracteristica que imos utilizar é que o profesorado teña entregado en Xefatura de estudos o modelo.

Nesta mesma reunión abordouse o tema da homoxeneización e o MD760101 e acordouse manter o informe tal e como está ata agora pero facendo incidencia nunha dinámica de mellora dos instrumentos incluidos nel por parte do profesorado do centro.

O profesorado comprometeuse a revisar estes informes de homoxeneización e incluir neles o cálculo de notas das avaliacións e final da asignatura.