A Calidade no CPI Atios

martes, diciembre 05, 2006

Xornadas de boas prácticas e mellora continua

Os días 30 de novembro e 1 de decembro celabraronse en Santiago de Compostela unhas xornadas sobre a Calidade na educcación. Nestas xornadas o noso centro estivo representado pola directora do centro e o responsable de calidade.

Nestas xorndas ademais de concluir que a calidade é unha tendencia que cada vez se está a imponer nos eidos educativos ademais dos empresariais. Os centros da antiga rede G5a tivemos a resposta clara e concisa do Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de que todos os centros desta rede G5a teremos o seu apoio e dirección no proceso de certificación iniciado, ainda que pola titularidade dos nosos centros non pertenzamos de maneira directa a súa Dirección Xeral (pois a maioría de nos somos CPI, CEIP, ou IES sen formación profesional).