A Calidade no CPI Atios

jueves, diciembre 13, 2007

Auditoría Interna

O día 3 de decembro tivo lugar a primeira auditoría interna dende que acadamo-la certificación. En primeiro lugar, hai que destacar que o procedemento de auditoría interna, difícil polo esforzo de planificación e loxística que implica, resultou como estaba previsto en todas as actividades planificadas, e dacordo co horario previsto na axenda de auditoría. A actividade académica cotiá do centro só se viu alterada na medida en que un evento deste tipo é imprescindible que o faga, pero non máis. Esta proba de madurez do noso colectivo é a primeira conclusión que compre destacar.
As conclusións da auditoría son satisfactorias polo grao de implantación do sistema de calidade no centro educativo despois de levar apenas seis meses coa certificación. De xeito resumido podese dicir que, despois da posta en común dos auditores, tanto do centro coma externos, detectanse 7 non conformidades do sistema e os auditores presentan 18 observacións ou suxerencias ó sistema para que poida ser mellorado.
Cómpre resaltar que o cambio de responsable de calidade a principios deste curso 07-08, e tamén o cambio de algúns dos membros do equipo directivo motivou que houbera algúns documentos a medio facer e moitos documentos sen asinar. Esta situación, unha vez inmersos na dinámica do curso e controlando o sistema agardamos sexan subsanados na súa maioría.
Agora é tempo de adicarse a traballar sobre o material que xurdeu na auditoría, comezar a revisar os procedementos que fan os tres anos a principios de ano e seguir, entre todos, avanzando na mellora do noso centro.