INICIO CURSO 2008-2009
Neste segundo ano coa certificación de calidade segundo os requisitos da norma UNE-EN ISO 9001-2000 contamos cun pouco máis de experiencia e tentaremos seguir mantendo a certificación e mantendo unhos criterios de calidade que nos leven a facer mellor as cousas.
Este ano hai moito profesorado novo, tanto en primaria coma en secundaria e desexamos a todos unha pronta e boa incorporación ó noso centro.
Agardamos que a implantación do sistema de calidade signifique unha mellora para todo o profesorado e o alumnado e que sigamos implicados na marcha deste proxecto.
O persoal docente ten á súa disposición na páxina web tódolos documentos necesarios para comezar o curso.
Benvidos a todos e animadevos a participar no blog.
1 Comentarios:
Que ben que comezamos outro curso máis, a seguir traballando arreo neste blog para que ninguén o lea.
Polo menos vai haber un comentario.
By Responsable de calidade, at 6:56 p. m.
Publicar un comentario
<< Home