A Calidade no CPI Atios

miércoles, abril 01, 2009

3ª REUNIÓN XUNTA DE DELEGADOS

O día 01 de abril reúnense os delegados e subdelegados dos cursos 5º e 6º de educación primaria, e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:
- Páxina web do centro
- Problemas do alumnado
- Suxerencias, queixas e reclamacións
- Posibles melloras nas insatalacións do centro
Durante a reunión debateuse sobre a utilidade da páxina, o interese que ten para o alumnado e as visitas realizadas. Abordaronse os posibles problemas nos grupos e volveuse a lembrar a existencia das SQR (suxerencias, queixas e reclamacións).
Un novo tema xurdido na reunión foi a creación dun blogue para os alumnos con enlace dende a páxina do centro. Trataremos de poñelo en marcha para o vindeiro curso.