A Calidade no CPI Atios

miércoles, abril 06, 2005

Reunión no centro da CCP ordinaria do mes de abril

Aproveitando a celebración no centro da reunión ordinaria da Comisión de Coordinación Pedagóxica nestas datas, entrégase ós xefes de departamento e coordinadores de ciclo o modelo de recurso dos criterios de avaliación, e se lles explica a maneira de interpretar esta táboa, para que traten de cubrila e aplicala neste terceiro trimestre do curso, se non de forma única, si de forma paralela a que estivese indicada na programación do curso.
A acollida da idea tardou en calar en todos os depsrtamentos, pero pouco a pouco e despois das reunións de homoxeneización están a entregar todos eles unha copia ó responsable de calidade.