A Calidade no CPI Atios

lunes, septiembre 20, 2004

A toma de contacto

Pasaba o tempo e cheganos ó centro a información de quenes somos os centros integrantes da rede Galega G5a e quenes serán os nosos tutores.

Na mesma carta comunícase que as datas das reunións serán unha vez o mes os xoves e os venres no Hotel Carlos I de Sanxenxo (Pontevedra) e deben asistir dende o centro o Responsable de Calidade e no noso caso a Directora.

A data da primeira reunión é para finais de outubro e aínda que parecen datas moi concretas, o mensaxe avisa de unha nova posta e cotacto conosco días antes da data para formalizar a nosa asistencia.

miércoles, septiembre 15, 2004

Comenzo do curso 2004-2005

A primeiros de setembro e unha vez remitida a proposta de admisión do CPI Atios a formar parte do selecto grupo de centros de galicia para acadar a cetificación de centro de CALIDADE temos a contestación da Xunta de Galicia onde se admitia o CPI de ATIOS xunto con outros 8 centros máis a formar parte da 5ª Rede Galega de Calidade, tamén chamada Rede G5a.

O primeiro que tiñamos que facer era dende o claustro de profesores de pricicpios de curso elixir o noso responsable de Calidade, e está tarefa foime encomendada o que os escribe, Miguel de Castro, profesor de Tecnoloxía na ESO.