A Calidade no CPI Atios

martes, marzo 24, 2009

REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o venres día 27 de marzo para Infantil, Primaria e ESO na sala de calidade no seguinte horario:

27 marzo Titores de Infantil e Primaria: 12:30 h
27 marzo Titores de Secundaria: 13:15 h

Os asuntos a tratar serán os seguintes:
- Actas de avaliación de calidade.
- Claves de apoio e criterios de conformidade
- MD75010401 Recollida de datos para a avaliación.

lunes, marzo 16, 2009

2ª AVALIACIÓN. PROFESORADO

Os días 31 de marzo e 1 de abril serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos do CPI de Atios.

Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.
Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.

Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia.

AUDITORÍA PFS-Grupo

A Dirección Xeral de Formación Profesional está a desenvolver un estudo diagnóstico para coñecer o grado de implantación e seguemento dos sistemas de calidade en cada un dos centros que formamos parte da rede de calidade. A información será recollida a través dun cuestionario que debe ser cumprimentado polos responsables de calidade e mediante unha visita ós centros.

Con este motivo o mércores día 18 de marzo recibiremos a visita de asesores da empresa PFS-Grupo encargada de realizar este estudo.

XORNADA FORMACIÓN UBUNTU. PRIMARIA

Lémbrase a todo o profesorado de Educación Primaria que o martes día 17 de marzo ás 17:00 horas haberá unha xornada de formación na Aula de Informática sobre o as actividades que se poden utilizar en Primaria dentro do sistema operativo UBUNTU: actividades click...


A xornada será impartida polo noso compañeiro Andrés Díaz do departamento de Matemáticas e pode asistir todo o profesorado que o desexe.

Agardamos a vosa participación.

miércoles, marzo 04, 2009

3ª REUNIÓN COMISIÓN AUTOPROTECCIÓN

Nesta 3º reunión fíxose un seguemento do Plan de Formación e queriamos fixar as datas do simulacro.
Asemade estudamos as mellores opcións para as charlas de Protección Civil estando todos de acordo en que foran eminentemente prácticas.
As datas quedaron sen decidir posto que só había 4 dos 8 membros da comisión e queda pendente para a vindeira reunión.

FORMACIÓN. UBUNTU.

Segue a desenrolarse as charlas informativas para o profesorado co sistema operativo UBUNTU. Esta acción desenrolase na aula de informática para cada nivel de ensino.
O día 27 de xaneiro foi para infantil, onte día 3 de marzo para secundaria e o vindeiro 17 de marzo remataremos o curso de formación coa charla para primaria.
Os obxectivos deste curso son ensinar como está configurada en rede a aula de inforrmática para o sistema operativo UBUNTU e as actividades instaladas para traballar cos alumnos dos distintos niveis.