A Calidade no CPI Atios

jueves, marzo 13, 2008

SEGUNDA AVALIACIÓN. PROFESORADO


Os días 1 e 2 de abril serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos do CPI de Atios. Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación. Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.
Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia, e lembrarse de utilizar algunha sesión de titoría para informalos do Plan de autoprotección e as consignas a seguir durante unha evacuación.

lunes, marzo 03, 2008

Reunión Grupo de Mellora

O venres día 29 de febreiro tivo lugar unha nova reunión do grupo de mellora para analiza-lo cunprimento do Plan de mellora deste curso, na orde do día tamén estaba comezar a revisar aqueles procedementos que cumpren tres anos e que son de revisión obrigada, algúns dos máis importantes que hai que revisar este curso son os seguintes:
  • PR 5401 Cometido, visión e valores do centro
  • PR 6202 Acollida ó persoal
  • PR750102 Acollida
  • PR 750106 Avaliación
  • PR 7601 Homoxeneización de criterios e calibración