A Calidade no CPI Atios

domingo, abril 10, 2005

Décima reunión do grupo de mellora

O xoves día 7 de abril celebrouse o reunión do grupo de mellora para unha vez iniciado o transcurso do mes de abril e despois de voltar de Sanxenxo todos traballasen os procedementos que nos tiñan encomendados.
Despois de ler os procedementos de:
  • actividades na aula e
  • avaliación
Acordouse que os outros dous procedementos:
  • a homoxeneización e
  • os plans de control
os traballara o responsable de calidade cos grupos con responsabilidade e despois foran expostos todos eles a unha reunión de presentación xunto cos documentos asociados o final do mes de abril

miércoles, abril 06, 2005

Reunión no centro da CCP ordinaria do mes de abril

Aproveitando a celebración no centro da reunión ordinaria da Comisión de Coordinación Pedagóxica nestas datas, entrégase ós xefes de departamento e coordinadores de ciclo o modelo de recurso dos criterios de avaliación, e se lles explica a maneira de interpretar esta táboa, para que traten de cubrila e aplicala neste terceiro trimestre do curso, se non de forma única, si de forma paralela a que estivese indicada na programación do curso.
A acollida da idea tardou en calar en todos os depsrtamentos, pero pouco a pouco e despois das reunións de homoxeneización están a entregar todos eles unha copia ó responsable de calidade.

martes, abril 05, 2005

Quinta reunión da rede G5a en Sanxenxo

Os pasados días 30 de marzo e 1 de abril, e despois da volta das vacacións de Semana Santa, reunímonos en Sanxenxo de novo, os grupos das diferentes redes de calidade na educación que estamos a traballar en Galicia.
Nesta ocasión, e despois de ter o traballo feito, mostramos as nosas inquedanzas sobre temas máis concretos, e sobre todo referentes os problemas e dicusións xurdidos nas reunións dos grupos de mellora dos diferentes centros do noso grupo de traballo.
As xornadas didácticas foron duras e densas, pois nesta acasión tocanos traballar co nucleo central do sistema de calidade os procedementos de actividaes na aula, avaliación e homoxeneización de criterios.
Os traballos a facer son precisamente estes procedementos e algún máis para que non perdamos moito tempo.
  • PR750104 procedemento de actividades na aula
  • PR750106 procedemento de avaliación
  • PR7601 procedemento de homoxeneización e calibración de criterios de avaliación
  • PR8203 procedemento de plans de control