A Calidade no CPI Atios

viernes, marzo 24, 2006

Preparando a auditoría interna

Co gallo de preparar o proceso de revisión do sistema de calidade tivemos esta semán reunións cos diferentes niveis educativos do centro, para lebrarlles cal é o espirito da auditría interna. So se AUDITA o sistema non as persoas.

Repartiuse entre o profesorado o procedemento PR750104 que é o procedemento de Actividades de AUla que é sobre o que lles poden facer preguntas os auditores o profesorado.

É importante que na auditoría o profesorado acuda co seu caderno de profesor ou titor e o teña o día en canto as anotacións.

E importante lembrarlle o profesorado que no caderno ten que constar a ficha do alumnado, a ficha de actividades desembolvidas e a ficha de entrevistas cos pais ou nais ou titores egais do alumnado.

Tamén e importante lembrar que a programación presentase na Xefatura de estudos, igual que a memoria e faise un resumo da programación denominado presentació da asignatura que ten que entregarse tamén na Xefatura de estudos e entregar por escrito (se se quere facer así) o alumnado na primeira semana do curso.

Os Exames aruivanse na sala de reunión cos pais ou nais ou titores legais e sería interesante que todos os exames levasen cal é a puntuación de cada unha das preguntas.

viernes, marzo 10, 2006

Traballo de Dirección e Responsable de Calidade

Para poder levar a cabo a uditoría interna do vindeiro día 31 de Marzo dende dirección e o Responsable de Calidade ten que ter redactado o Manual da Calidade do PCI de ATIOS.

Despois de duras sesións de reunións e modificacións do documento final, podemos dicir que xa temos un MANUAL DA CALIDADE con todos os seus ANEXOS.

Unha vez feito isto temos que formar o grupo de auditores internos observadores qu efagan posible a auditoría e poidamos desta maneira determinar o Plan da Auditoría e o aderno da auditoría.

Despois de moito elucubrar e oder barallar todas as opcións os membros do centro que formarán parte da auditoría interna son:

Auditor Xefe:
Miguel C. de Castro Miguel (Responsable de calidade)

Observadores/as:
Delfina Bañobre Durán (directora)
Juan Luis Allegue Iglesias (Xefe de estudos ESO)
Rita López Castro (Xefa de estudos EI e EP)
Carmen Cuesta García (ESO)
Daniel Díaz Viqueira (ESO)
Cristina Martínez Romero (Orientadora)
Carmen Hermida García (EI e EP)
Lupe Ces Rioboo (EI)
José Manuel Cruz Regueiro (EP)
Teresa de Jesus Dopico Rivera(EI e EP)

domingo, marzo 05, 2006

Reunión da rede G5a en Sanxenxo

O pasado día 3 de marzo tivemos unha reunión en Sanxenxo para poder establecer os centros que desexan pasar a auditoría interna neste curso.

A esta reunión, eu o responsable de Calidade chegou tarde por atender asuntos familiares, pois non todos os días nace un fillo na casa, é este o fixo unha semán antes de tempo, polo que comprendese o retraso.

De todos os xeitos mostramos a nosa dispoñibilidade de facer a auditoría interna en Valdoviño o vindeiro 30 de marzo.

Alí vos esperamos a todos ...