A Calidade no CPI Atios

viernes, febrero 26, 2010

3ª REUNIÓN DO GRUPO DE MELLORA

A terceira reunión do grupo de mellora celebrada o días 24  de febreiro serviu para concretar o Plan de mellora e terminar de asignar responsables a cada grupo de traballo. Introducíronse melloras no Plan en base ás propostas do grupo e informouse da necesidade de ser moi rigorosos cos criterios de avaliación recollidos nas porgramacións.

martes, febrero 23, 2010

NON CONFORMIDADES NA AUDITORIA INTERNA

Unha vez rematada a auditoría interna obsérvanse varias non conformidades que tanto os xefes de departamento como o profesorado en xeral debe revisar e que a continuación detállanse:

-Nas actividades de aula deben reflectirse as referencias ao Plan Lector e ao Plan TICs .

-No caderno do profesor as notas dos alumnos deben seguir estritamente os criterios de avaliación recollidos na programación.

-Estes criterios de avaliación deben ser os mesmos na programación e na folla de criterios que gárdase en xefatura de estudos

-Os titores deben coñecer e ter no seu poder o PAT (Plan de Acción Tutorial)

Espero que todos/as sigamos estas indicacións, polo que vos anticipos as grazas.

lunes, febrero 08, 2010

AUDITORÍA INTERNA



O mércores día 10 de febreiro teremos a auditoría interna, virán tres auditores de fóra do centro: Julia de Partearroyo do IES Ricardo Carballo Calero, Emiliano Patiño do IES As Telleiras e Conchi Ferreiro do CEIP As Pontes, tamén contaremos coa presenza do Sr. Inspector e o resto de auditores serán membros do claustro. Lémbrovos que unha auditoría serve para avaliar o sistema, é dicir, verificar que as cousas se fan según pon nos procedementos. Non se trata de avaliar a personas concretas senón de comprobar o grado de implantación do sistema, e no caso de atopar erros tratar de subsanalos.Tamén é importante que tódolos membros do claustro vaiamos sendo auditores e auditado

 
Gracias a todos pola colaboración, ánimo e sorte

jueves, febrero 04, 2010

AUDITORIA INTERNA NO CARBALLO CALERO

O mércores 3 de febreiro o responsable de calidade e a directora do CPI de Atios a  foron invitados a asistir á auditoría interna no IES Ricardo Carballo Calero. Tamén acudiron os compañeiros do IES As Telleiras Manolo e Emiliano. A xornada transcorreu nun ambiente agradable e a auditoría desenrolouse sen nengunha incidencia. Ánimo a Julia e a Manuel e a seguir traballando como ata agora.