A Calidade no CPI Atios

viernes, noviembre 25, 2005

Terceira reunión do grupo de mellora para escoitar o procedemento PR7401 Compras

Do mesmo xeito que o procedemento anterior, o pasado día 24 do mes de novembro reunimonos os integrantes do grupo de mellora para escoitar o procedemento PR7401 Compras.

Exactamente igual que o anterior este foi redactado dende a dirección-secretaría do centro e establece a manira de facer as compras a partir do ano 2006.

Debido os cambios e variacións (mínimas) este procedemento expondrase nun claustro ordinario.
Queda convocado o grupo para o vindeiro día 5 de decembro para continuar co procedemento PR7402.

martes, noviembre 22, 2005

Segunda reunión co grupo de mellora para facer a lectura do PR6101

Reunimonos o grupo de mellora para escoitar o procedemento PR6101 Orzamento anual do centro.
O procedemnto foi redactado pola dirección do centro e supon unha variación simple da formaulación establecida ata lo de agora na forma de establecer o reparto económico nos departamento ou ciclos.
O procedemento queda publicado na páxina web para a sua lectura por parte do claustro de profesores.
No proxima reunión ordinaria do claustro farase mención o tema.

miércoles, noviembre 16, 2005

Reunión da dirección do centro co responsable de calidade

O pasado día 15 de novembro estivemos reunidos no centro a dirección do mesmo e o responsable de calidade para poder redactar de forma conxunta o borrador definitivo dos procedementos:
  • PR6101 Orzamento anual
  • PR7401 Compras
  • PR7402 Verficación de pedidos
  • PR7403 Xestión de provedores
Unha vez redactados pasaranse o grupo de mellora para sua lectura e aprobación.

sábado, noviembre 05, 2005

Completamos os traballos da priemira reunión do grupo de mellora

Dada a densidade na primeira reunión do grupo de mellora estableceuse un segundo truno de traballo dous días despois para poder rematar os traballos que quedaran pendentes do curso pasado.
Estes eran a redacción do procedemento PR8501, PR8502 e PR8503 relativos as actuacións de mellora., accións preventivas e accións correctivas.
Estes foron aprobados polo grupo de mellora sen ningún tipo de cambio.
Quedamos convocados para a seguinte reunión do grupo de mellora ó día 20 de novembro de 2005 onde farase lectura dos procedemntos de orzamento anual e procedemento de compras que serán traballados dende a dirección do centro (secretaría e responsable de calidade).

miércoles, noviembre 02, 2005

Primeira reunión de traballo do grupo de mellora

Na primeira reunión do grupo de mellora establecemos o código de conducta do grupo de mellora que foi aprobado por todos os seus membros.
O noso código de conducta é o seguinte:
  1. Puntualidade nas reunións.
  2. Establecemento do secretario e moderador da reunión ( un aleatoriamente cada reunión)
  3. O Secretario redacta o acta da reunión.
  4. O Moderador establece o turno de palabra e modera a reunión.
  5. Traballar sempre no circulo de influencia
Con estas normas imos traballar sempre ainda que as nosas reunións por ser nos recreos teñen unha duración escasa e tratamos de centrarnos no traballo as labores de moderación e secretariado levaranas o responsable de calidade excepto cando a reunión sexa de todo ó colectivo.

Ademáis tratamos nesta reunión do procedemento PR8201 Medición da satisfacción dos clientes. e se concluiu en facer un estudo de adaptación do sistema de enquisas actual (en formato papel )a outro en formato dixital moito máis axil e moderno.

Tamén redactamos o PR8202 Suxerencias queixas e reclamacións. Unha actuación que debemos tomar deseguido é a de colocar uns buzóns de suxerencias, queixas e reclamacións no centro, un para o alumnado e familias e outro para o persoal docente e non docente.

martes, noviembre 01, 2005

Actualización da páxina web do centro

Para poder centarlizar a documentación do traballo que se leva dende o grupo de mellora neste curso a transmisión desta documentación farase dende a páxina web do centro.

http://centros.edu.xunta.es/cpideatios

Incluironse opcións para o GRUPO DE MELLORA e a ULTIMOS DOCUMENTOS xa elaborados polo grupo de mellora e que so lles falta a firma do proceso polo responsable de calidade e a dirección do centro. (entrar dende o menu: sistema de calidade)
Estas opcións ademáis servirán para informar das reunións do grupo de mellora no centro ademáis de estar indicadas no cadro do mes en curso.
As reunións será prefereiblemente polas mañas e durante os periodos do recreo (tanto en infantil e primaria coma na secundaria) pero se é o caso de tratar algún tema de forma consensuada e global establecerase a reunión algún día pola tarde, intentando escoller para elo as tardes con máis participación e nas que tiñamos algunha outra cousa que facer no centro...