A Calidade no CPI Atios

jueves, diciembre 20, 2007

Entrega certificación ISO 9001-2000

O pasado mércores 5 de decembro celebrouse un acto en Santiago para entregar as certificacións de calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001-2000 ós centros que acadaron a certificación no ano 2007 entre os que se atopa o CPI ATIOS, o noso centro. No acto estiveron presentes entre outros a conselleira de Educación e o representante de AENOR en Galicia. Por parte do noso centro acudiron a directora, o responsable de calidade e o anterior responsable de calidade.Noraboa a todos.

lunes, diciembre 17, 2007

Sesións de avaliación

O martes 18 e o mércores 19 de decembro son as sesións de avaliación. É a primeira vez despois da certificación que nos enfrontamos a unha das partes importantes da nosa labor docente.
Lembrar a importancia dos titores neste proceso e que dende que as sesións de avaliación teñen lugar coas actas de avaliación de calidade o proceso é mais concreto e centrándonos máis no importante.

jueves, diciembre 13, 2007

Auditoría Interna

O día 3 de decembro tivo lugar a primeira auditoría interna dende que acadamo-la certificación. En primeiro lugar, hai que destacar que o procedemento de auditoría interna, difícil polo esforzo de planificación e loxística que implica, resultou como estaba previsto en todas as actividades planificadas, e dacordo co horario previsto na axenda de auditoría. A actividade académica cotiá do centro só se viu alterada na medida en que un evento deste tipo é imprescindible que o faga, pero non máis. Esta proba de madurez do noso colectivo é a primeira conclusión que compre destacar.
As conclusións da auditoría son satisfactorias polo grao de implantación do sistema de calidade no centro educativo despois de levar apenas seis meses coa certificación. De xeito resumido podese dicir que, despois da posta en común dos auditores, tanto do centro coma externos, detectanse 7 non conformidades do sistema e os auditores presentan 18 observacións ou suxerencias ó sistema para que poida ser mellorado.
Cómpre resaltar que o cambio de responsable de calidade a principios deste curso 07-08, e tamén o cambio de algúns dos membros do equipo directivo motivou que houbera algúns documentos a medio facer e moitos documentos sen asinar. Esta situación, unha vez inmersos na dinámica do curso e controlando o sistema agardamos sexan subsanados na súa maioría.
Agora é tempo de adicarse a traballar sobre o material que xurdeu na auditoría, comezar a revisar os procedementos que fan os tres anos a principios de ano e seguir, entre todos, avanzando na mellora do noso centro.