A Calidade no CPI Atios

viernes, febrero 18, 2005

Segunda reunión do Equipo directivo

O xoves 17 de febreiro reuníuse o Equipo directivo e o responsable de calidade para a elaboración do Plan Estratéxico e o s obxectivos do Plan Anual, para engadir nos procedementos PR5402 e PR5403.

miércoles, febrero 16, 2005

Remate da xuntanza para a elaboración dos valores do CPI Atios

O martes 15 de febreiro ás 17:30h, reúnese de novo o grupo de mellora no que é a sexta reunión e tódolos asistentes á anterior reunión.





O obxectivo era concluír a redacción do anexo F do manual de calidade, no seu apartado dos valores do centro.
O texto resultante foi o seguinte:

Os valores do CPI ATIOS aséntanse no traballo eficaz e flexible, no que fomenta o esforzo e a responsabilidade dentro dun ambiente cordial e respectuoso que prima a confianza e a autoestima.
Democracia: favorécense as decisións colectivas e o traballo en equipo, respectando as distintas formas de participar na comunidade educativa.
Responsabilidade: caracterízase, tanto a nivel individual como colectivo, por fomentar a creatividade, o esforzo e a confianza nas propias posibilidades, manténdose no círculo de influencia, e sen perder de vista a interacción co medioambiente.
Integración: mediante a flexibilidade e o recoñecemento das propias e das diferentes identidades, capacítase para respectar, acoller e valorar as distintas expresións sociais, culturais e lingüísticas.

domingo, febrero 13, 2005

Xuntanza para a elaboración do cometido, visión e valores do centro

O venres 11 de febreiro ás 16:30h reuníronse Miguel de Castro, Graciela Grande, J. Luis Allegue, Teresa de Jesús Dopico, Blanca Riveira, Ana Ramos, Jose Manuel Cruz, Elena Pérez, Eva Couce, Alejandro Vilela, Elisa Martínez, Carmen Hermida, Mª del Carmen Pérez, Guadalupe Ces, Carmen Vivó, Fabio López, Delfina Bañobre, Filomena Martinez, Carmen Cuesta, Daniel Díaz, Rosa Quiza, Guadalupe Dacosta, Inés Castelo, Mª Carmen Boquete e Rita López.
Esta reunión se considerará coma a 5ª reunión do grupo de mellora.



Tras varias horas de deliberación, determinouse que:

O cometido do CPI de ATIOS é conformar unha comunidade educativa integradora, de persoas críticas, solidarias, participativas, creativas, autónomas e felices, a través da reflexión, a interacción e o coñecemento, capaces de intervir no seu medio para melloralo, sendo unha referencia socio-cultural de calidade.

A visión foi:

O CPI de ATIOS, mediante a implantación do sistema de calidade, é un centro onde se aprende a coñecer, a facer, a convivir e a ser; aberto ó mundo, participativo, interactivo, tecnoloxicamente avanzado, dotado das infraestruturas necesarias; preparado para paliar as desigualdades e valorar as diferenzas.

Por último, e tendo en conta o cansancio acumulado despois dunha ardua xornada de traballo, decidiuse, por unanimidade, pospoñer a reunión para o martes 15 de febreiro ás 17:30h.

jueves, febrero 03, 2005

Primeira reunión do Equipo directivo

O martes 1 de febreiro reuníuse o equipo directivo e o responsable de calidade para redactar o plan DAFO e establecer a estratexia a seguir na elaboración do cometido, visión e valores do centro.
A estratexia era a seguinte:
  1. Repartir entre tódolos membros do centro unha folla onde se reflectiran as súas opinións sobre o cometido, a visión e os valores do centro.
  2. Invitar a todo o persoal docente á xuntanza de elaboración do cometido...
  3. Invitar a comer no centro a tódolos asistentes á xuntanza.
  4. Emplazar ós asistentes a unha xuntanza o venres 11 de febreiro.