A Calidade no CPI Atios

jueves, mayo 22, 2008

REGALCA: 1ª ACCIÓN FORMATIVA

A rede galega de calidade convoca unha reunión de formación os días 22 e 23 de maio para os directores e responsables de calidade dos centros educativos certificados dentro das súas accións formativas.
Esta primeira reunión leva como título: O LÍDER COMO MOTOR DE CAMBIO cunha duración de 12 horas.

jueves, mayo 15, 2008

RESULTADO AUDITORÍA DE AENOR

O día 14 de maio pasamos a auditoría de seguemento de AENOR. O resultado foi satisfactorio con 3 non conformidades menores e 10 observacións.
Agradecer dende o blog a toda a comunidade educativa o seu apoio e colaboración e agradecer sobre todo ó claustro de profesores (en especial ós que foron auditados) o seu traballo, compromiso e total cooperación na auditoría.
Grazas a todos.

lunes, mayo 12, 2008

NOVA REVISIÓN DE PROCEDEMENTOS

Os procedementos revisados dende o día 22 de abril son os seguintes:
PR4203. Control dos rexistros
PR5402. Elaboración do Plan estratéxico
PR5403.Elaboración do Plan anual
PR5501. Estructura organizativativa e comunicación interna
PR750102. Acollida
PR7601. Homoxeneización de criterios e calibración
PR8301. Xestión de non conformidades
Todas as persoas concernidas no procedemento teñen á súa disposición na páxina web do centro as revisións dos procedementos e modelos, asemade está a dispoñibilidade de todo o profesorado a copia do Manual de Calidade e do Manual de Procedementos na sala de profesores. Procurade baixar sempre da páxina web a documentación porque está na última versión.

viernes, mayo 09, 2008

GRUPO DE MELLORA

O venres día 9 de maio reúnese o gupo de mellora do CPI de Atios para revisar o PR750106 Avaliación.

miércoles, mayo 07, 2008

AUDITORÍA AENOR

O mércores día 14 de maio terá lugar a auditoría de seguemento por parte de AENOR, nesta auditoría se verificará e comprobará o sistema de calidade implantado no centro segundo a norma UNE-EN ISO 9001-2000. Animámosvos a todos a ter toda a documentación ó día e colaborar e participar en todo o posible na auditoría.