A Calidade no CPI Atios

jueves, octubre 20, 2011

DINAMIZACIÓNS


Xa estamos organizando os diferentes grupos para intentar mellorar o funcionamento do centro e a dianamización das diferentes actividades.

E.D.LG. (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) coordinado por Tereixa
E.A.E.C. (Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias) coordinado por Laura Fernández
BIBLIOTECA coordinado por Carmen Barro
TICs (Novas tecnoloxías) coordinado por Antonio

sábado, octubre 15, 2011

CRITERIOS DE AVALIACIÓN


Todos os departamentos e ciclos deben ter actualizado ou revisado o MD760101 Comunicación dos criterios de avaliación vixentes á Xefatura de estudios.
A modificación ou revisión dos criterios debe facerse constar nunha acta de reunión de departamento ou ciclo, asemade é necesario deixar unha copia impresa na carpeta "Criterios de avaliación" no despacho de Xefatura.
A presentación dos criterios de avaliación deberá facerse durante o mes de setembro e é o paso imprescindible para realizar o procedemento de calibración no mes de novembro.
Lembrar tamén aos xefes de departamento da obriga de presentar unha copia da presentación de asignatura en Xefatura

lunes, octubre 10, 2011

AVALIACIÓN INICIAL


A avaliación inicial terá lugar para tódolos niveis educativos o martes día 18 de outubro.

-Os titores teñen á súa disposición nos casilleiros dos titores o modelo MD75010402. Informe do profesor.
-Cada titor/a debería pasar ó profesorado do seu grupo este modelo unha semana antes da avaliación e o profesorado deixar este modelo polo menos o día antes nas casillas dos titores.
-As casillas dos titores atópanse na sala de calidade.
-O MD75010402 tamén serve para recabar información do profesorado ma metade da avaliación ou cando os titores o estimen convinte.