A Calidade no CPI Atios

viernes, marzo 18, 2005

Novena reunión do grupo de mellora

O venres día 18 de marzo reúnese o grupo de mellora convocado pola Responsable de calidade para fecer entrega da documentación que imos levar a proxima reunión da rede G5a en Sanxenxo os vindeiros días 31 de marzo e 1 de abril.
Estes documentos son:
  • PR4202 Control da documentación
  • PR4203 Control dos rexistros
  • PR750102 Acollida do alumnado
  • PR750103 Orientación
  • PR8301 Xestión das non conformidades
Ademais presentase o acceso ó sistema de calidade dende a web do centro: http://centros.edu.xunta.es/cpideatios
Dende este acceso podemos entrar no Blog, na base de datos de profesores do centro (MD620203) e a base de datos documental (LI420201) dependendo dos teus datos de acceso poderás ver uns arquivos u outros...

martes, marzo 08, 2005

Oitava reunión do Grupo de mellora

O luns 7 de marzo ás 11:15h reúnese na sala de profesores o Grupo de mellora co fin de redactar definitivamente o procedemento de acollida ó alumnado (PR750102).
A esta reunión asisten, ademais do Grupo de mellora, unha representante das profesoras de Educación Infantil.

Cuarta xuntanza da rede G5a en Sanxenxo

Os pasados 24 e 25 de febreiro, cos deberes feitos (PR5401,PR5402,PR5403), reunímonos en Sanxenxo e discutímo-las redaccións dos cometidos, visións e valores dos centros.
Explicóusenos como facían os nosos titores a xestión documental, cadernos do profesor, titor, e alumnos e déronnos traballo para a seguinte xuntanza.
  • PR750102: Procedemento de acollida do alumnado.
  • PR750103: Procedemento de orientación.
  • PR4202: Procedemento de control da documentación.
  • PR4203: Procedemento de control de rexistros.
  • PR 8301: Procedemento de xestión de non conformidades.

sábado, marzo 05, 2005

Septima reunión do Grupo de mellora

O xoves 3 de marzo reuníuse o Grupo de mellora para recibir a información entregada na xuntanza de Sanxenxo e comezar a elaboración do procedemento de acollida do alumnado (PR750102).
Ese mesmo día, o responsable de calidade, encárgalle á orientadora do centro, a revisión do procedemento de orientación (PR750103). Emplázase ós asistentes a unha vindeira reunión o luns 7 de marzo.