A Calidade no CPI Atios

jueves, diciembre 22, 2005

Ponemos os procedementos de avaliación a proba...

Os pasados días 14, 19 e 20 de decembro puxemos en marcha por segunda vez en funcionamento o procedemento de avaliación tanto en educación infantil, primaria e secundaria.

Ainda que o proceso de traballo parece un pouco lento, as sesións de avaliación levaronse con calma e de forma segura para que os resultados fosen entendidos por todos os integrantes dos grupos avaliadores e puidesen ser tomadas todas as notas relativas o caderno do profesorado e a ficha do alumnado.

Os resultados das avaliación publicarase proximamente...

lunes, diciembre 19, 2005

Reunión en Sanxenxo da Rede G5a

Os pasados día 16 e 17 de decembro tivemos a segunda reunión da rede G5a en Sanxenxo. Nesta reunión o noso centro exercia as funcións de control de tempos e moderación. (sen problemas...)

O primeiro e máis importante ademais dos consabidos cambios de estructura do governo de galicia e por ende dos cargo relativos a este proxecto educativo. Como digo o importante é a garantía de continuación do proxecto e o interese de que todos os centros da comunidade vaian conseguindo a certificación de calidade dunha forma u outra, pero que este ano será o ultimo ano no que teremos unha rede implantada...

Os traballos para a seguinte reunión cada vez máis escasos dentro da lista de traballos de procedementos a realizar, on:

-PR6201 Formación
-PR6203 Xestión de recursos humanos
-PR6301 Mantemento e inventario
-PR6401 Prevención de emerxencias

jueves, diciembre 15, 2005

Reunión do Claustro

O pasado Martes 13 de decembro no comedor escolar do CPI de ATIOS, reuniuse o Claustro do profesorado do centro para poder ademais dos temas establecidos pola orde do día correspondente, falar dos procedementos relacionados co proceso de copras e xestión de proveedores, así como do Orzamento anual do centro e a súa distribución por departamentos ou ciclos educativos...

Na reunión e mediante unha disertación apoiada por unha presentación multimedia explicaronse de forma concisa e clara os pasos a tomar para cada nha das diferentes partes do proceso de compras de material tanto funxible coma inventariable apartir do ano contable 2006.

miércoles, diciembre 07, 2005

Cuarta reunión do grupo de mellora para escoitar o PR7402

O pasado luns 5 de decembro tivemos a reunión do grupo de mellora para escoitar o procedemento preparado pola dirección do centro sobre a Verificación de pedidos no centro PR7402.

Este procedemento intimamente relacionado co anterior e co seguinte resultou un mero trámite.
Non houbo ningunha modificación que facer e do mesmo xeito que os anteriores farase unha proposta pública nun claustro ordinario probablemente o vindeiro martes 13 de decembro.