A Calidade no CPI Atios

jueves, marzo 24, 2011

3ª REUNIÓN XUNTA DE DELEGADOS

O día 24 de marzo reúnense os delegados de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:
- Problemas do alumnado
- Suxerencias, queixas e reclamacións
- Posibles melloras nas insatalacións do centro

Durante a reunión abordaronse os posibles problemas nos grupos e volveuse a lembrar a existencia das SQR (suxerencias, queixas e reclamacións).

jueves, marzo 17, 2011

2ª AVALIACIÓN. PROFESORADO

Os días 22 e 23 de marzo serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos do CPI de Atios.
Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.

Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.

Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia.



REUNIÓN TITORES


REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o luns día  21 de marzo para Infantil, Primaria e ESO na sala de calidade no seguinte horario:

21 marzo Titores de Infantil e Primaria: 12:05 h

21 marzo Titores de Secundaria: 13:10 h

Os asuntos a tratar serán os seguintes:
- Actas de avaliación de calidade.
- Claves de apoio e criterios de conformidade
- MD75010401 Recollida de datos para a avaliación.

martes, marzo 01, 2011

INFORME AUDITORIA INTERNA 2011

En primeiro lugar, hai que destacar que o procedemento de auditoría interna, difícil polo esforzo de planificación e loxística que implica, resultou como estaba previsto en todas as actividades planificadas, e dacordo co horario previsto na axenda de auditoría. A actividade académica cotiá do centro só se viu alterada na medida en que un evento deste tipo é imprescindible que o faga, pero non máis.

As conclusións da auditoría son satisfactorias polo grao de implantación do sistema de calidade no centro educativo a pesar da renovación do claustro.

De xeito resumido podese dicir que, despois da posta en común dos auditores, tanto do centro coma externos, detéctanse 2 non conformidades do sistema e os auditores presentan 12 observacións ou suxerencias ó sistema para que poida ser mellorado.

Cómpre resaltar que neste curso 10-11 houbo unha renovación do profesorado importante tanto en educación primaria coma en secundaria, en total 10 profesores novos nun claustro de 50, asimilar o sistema de calidade non é tarefa fácil para os que chegan pero polo resultado da auditoría parece que este proceso levouse a cabo de xeito satisfactorio.

A disposición do persoal do centro, tanto das funcións auditadas como do profesorado obxecto de revisión, ten sido de plena colaboración, a pesares da dificultade de asimilar unha dinámica tan novedosa e que, con frecuencia, inspira tantos recelos, como a que supón un sistema da calidade en xeral, e unha auditoría interna moi en particular. Nese senso, é obrigado felicitar a todo o persoal deste centro polo seu traballo e responsabilidade e pola confianza amosada nas persoas que con ilusión por mellorar e proxectar o centro o máis posible, lideran este difícil reto.

Un dos puntos fortes que alabaron os auditores/as foi a informatización do sistema de calidade e a páxina web do centro. Así como a total colaboración por parte de todo o profesorado e persoal que
 foi auditado, ademais de facer referencia o bo ambiente que se disfruta no centro.

Agora é tempo de adicarse a traballar sobre o material que xurdeu na auditoría, mellorar e incrementar as características de calidade e seguir, entre todos, avanzando na mellora do noso centro.