A Calidade no CPI Atios

miércoles, septiembre 22, 2010

DOCUMENTACIÓN INICIO CURSO

Todo o profesorado deberá ter ó día no pricipio de curso os seguintes documentos:

CADERNO PROFESOR:

- Guía profesorado nova incorporación (MD620202)
- Instruccións caderno (ME75010406)
- Ficha alumno (EI/EP (1º C / 2º C /3º C)/ESO)
- Programación impartida (EI/EP/ESO)
- Calendario anual / trimestral
- Horario
- Parte incidencias / Solicitude permiso / Plano centro / Normas convivencia / Normas inicio curso / Acta departamento
- Listas cursos
- Espazos optativas

CADERNO TITOR

- Ficha do alumno
- Programación desenvolvida Titoría
- Copia do PAT
- Entrevista Pais / Nais
- Entrega de programacións e presentacións das asignaturas.
Asemade todos debemos lembrar garda-los rexistros do curso anterior: exames setembro, fichas alumnado, programación impartida, entrevistas coas familias...

Inicio curso 2010-2011

Este é  curso que contamos coa renovación da certificación de calidade segundo os requisitos da norma UNE-EN ISO 9001-2008. O traballo de todos estes anos levounos por fin a acada-lo obxectivo.

Agardamos que a implantación do sistema de calidade signifique unha mellora para todo o profesorado e o alumnado e que sigamos implicados na marcha deste proxecto.
O persoal docente ten á súa disposición na páxina web tódolos documentos necesarios para comezar o curso.

Benvidos a todos e animadevos a participar no blog.

miércoles, septiembre 01, 2010

ENTREGA DE PROGRAMACIÓNS

OS COORDINADORES DE CICLO DEBEN COLGAR NA PÁXINA WEB DO CENTRO A PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANUAL ANTES DO DÍA 10 DE SETEMBRO DE 2010.