A Calidade no CPI Atios

jueves, diciembre 18, 2008

VACACIÓNS DE NADAL

Dende a páxina deste blog quero felicitar a todo o profesorado polo seu traballo durante todo este trimestre, había moitas tarefas que abordar e grazas á vosa colaboración poidemos abordalo.
FELICES FESTAS a todos.

2ª REUNIÓN DA XUNTA DELEGADOS

O mércores 17 de decembro celebrouse a 2ª reunión da Xunta de delegados actuando como presidente o alumno Jerónimo Marcos Veiga.
Nesta reunión trataronse os seguintes temas:
  1. Presentación á Xunta de delegados dos tres alumnos elexidos como representantes do Consello Escolar.
  2. Problemas xurdidos nas distintas clases.
  3. Suxerencias, queixas e reclamacións.

O alumnado vai pouco a pouco mostrandose máis participativo nas reunións.

SESIÓNS CALIBRACIÓN

Os mesmos días que as sesións de avaliación tiveron lugar tamén as sesións de calibración por parte do profesorado dos diferentes ciclos de educación primaria. A pesar de que o procedemento de calibración é algo tedioso todos as realizaron con rigor e profesionalidade, a continuación se cumplimentou por parte dos coordinadores de ciclo o informe de calibración para cada un dos cursos. Garzas a todos pola vosa implicación e colaboración.

SESIÓNS AVALIACIÓN

O martes 16 e o mércores 17 de decembro foron as sesións de avaliación. Lembrar a importancia dos titores neste proceso e que dende que as sesións de avaliación teñen lugar coas actas de avaliación de calidade o proceso é mais concreto e centrándonos máis no importante.
Esta avaliación as sesións de avaliación desenrolaronse en xeral dun xeito moi satisfactorio. esto indica o nivel de compromiso do profesorado co sistema de calidade. A seguir traballando así.

lunes, diciembre 15, 2008

REGALCA 5ª ACCIÓN FORMATIVA


A rede galega de calidade convocou unha nova reunión de formación os días 11 e 12 de decembro para os directores e responsables de calidade dos centros educativos certificados dentro das súas accións formativas.
A 5ª reunión leva como título: O traballo en equipo cunha duración de 12 horas.
Esta acción formativa celebrouse no Hotel J. Carlos I de Sanxenxo.

3ª e 4ª REUNIÓN GRUPO DE MELLORA

A terceira e a cuarta reunión do grupo de mellora celebradas os días 1 e 15 de decembro serviron para concretar o Plan de mellora e terminar de asignar responsables a cada grupo de traballo. Introducíronse melloras no Plan en base ás propostas do grupo e asignáronse compoñentes a cada proxecto de mellora.

jueves, diciembre 04, 2008

CALIBRACIÓN DE PROFESORADO

Segundo o procedemento PR7601 homoxeneización de criterios e calibración, e para dar cumprimento a norma ISO 9000, o profesorado que imparta clases dentro do mesmo nivel educativo, e no mesmo curso e na mesma asignatura pero en grupos de aula diferentes debería calibrarse.
¿Qué significa calibrarse?Pois ben, baixo este nome, definese a certeza de cumprimento dun criterio ou criterios que quedan expostos nos criterios de avaliación presentados en Xefatura de estudos o principio de curso para cada un dos departamentos didácticos da ESO ou cada un dos ciclos de Educación infantil e primaria polo profesorado que imparte clases no mesmo nivel pero en diferentes grupos.
Para levar a cabo a calibración celebrarase unha reunión do profesorado que desexa calibrarse co seu coordinador de ciclo ou xefe de departamento, na que se elaborará a acta de calibración do profesorado MD760102.A calibración poderá ser cuantitativa ou cualitativa, aínda que existe a posibilidade de que cada quen a faga como mellor lle pareza, sempre seguindo os seus criterios de avaliación.
Para non ter dúbidas de como ten que realizarse as calibracións existe un Método explicativo do proceso a seguir, ME760101.
Lembrade que o profesorado que se calibre nun curso non terá que volver a facelo outra vez cos mesmos compañeiros ata despois de tres anos.

1ª AVALIACIÓN. PROFESORADO

Os días 16 e 17 de decembro serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos do CPI de Atios.
Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.
Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.
Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia.

miércoles, diciembre 03, 2008

REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o mércores, día 10 de decembro na sala de calidade no seguinte horario:

Titores de Infantil e Primaria: 12:15 h

Titores de Secundaria: 13:15 h

Os asuntos a tratar serán os seguintes:

- Actas de avaliación de calidade.
- Claves de apoio e criterios de conformidade.
- MD75010401 Recollida de datos para a avaliación.