A Calidade no CPI Atios

domingo, noviembre 20, 2011

REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA


Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o mércores, día 07 de decembro na sala de calidade no seguinte horario:

Titores de Infantil e Primaria: 12:55 h e Titores de Secundaria: 13:15h
Os asuntos a tratar serán os seguintes
Actas de avaliación
Claves de apoio e criterios de conformidade
MD75010401 Recollida de datos para a avaliación

martes, noviembre 15, 2011

CALIBRACIÓN DO PROFESORADO


Segundo o procedemento PR7601 homoxeneización de criterios e calibración, e para dar cumprimento a norma ISO 9008, o profesorado que imparta clases dentro do mesmo nivel educativo, e no mesmo curso e na mesma asignatura pero en grupos de aula diferentes debería calibrarse.

¿Qué significa calibrarse?Pois ben, baixo este nome, definese a certeza de cumprimento dun criterio ou criterios que quedan expostos nos criterios de avaliación presentados en Xefatura de estudos o principio de curso para cada un dos departamentos didácticos da ESO ou cada un dos ciclos de Educación infantil e primaria polo profesorado que imparte clases no mesmo nivel pero en diferentes grupos.

Para levar a cabo a calibración celebrarase unha reunión do profesorado que desexa calibrarse co seu coordinador de ciclo ou xefe de departamento, na que se elaborará a acta de calibración do profesorado MD760102.A calibración poderá ser cuantitativa ou cualitativa, aínda que existe a posibilidade de que cada quen a faga como mellor lle pareza, sempre seguindo os seus criterios de avaliación.

Para non ter dúbidas de como ten que realizarse as calibracións existe un Método explicativo do proceso a seguir, ME760101.

Lembrade que o profesorado que se calibre nun curso non terá que volver a facelo outra vez cos mesmos compañeiros ata despois de tres anos.



jueves, noviembre 10, 2011

SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS. SQR.


Lémbrase a toda a comunidade educativa, tanto alumnos como familias como persoal docente e non docente, a posibilidade de aportar suxestións, realizar queixas ou formular reclamacións a través do modelo MD820201. Estes modelos están a disposición de todos/as en conserxería e en secretaría. Estes modelos poden deixarse nos buzóns colocados para ese fin en secretaría ou en conserxería.