A Calidade no CPI Atios

jueves, junio 29, 2006

Sexta reunión do grupo de mellora, revision do Procedemento de actividades de aula

O pasado día 27 de xuño de 2006 reuniuse o grupo de mellora para estudiar a posibilidade de modificar o procedemento de actividades de aula, no seu apartado de entrega das presentacións da programación ó alumnado no principio de curso.

Ata agora as presentacións tiñan que ser entregadas en Xefatura de estudos e o alumnado por escrito nas primeiras sesións de clase. Pero o profesorado prefiere explicar, cada que o seu alumnado como vaise plantexar o curso.

Polo que a partires de agora na revisión 1 do procedemento PR750104 so é necesario entregar o principio de curso a presentación da asignatura (MD75010404) na Xefatura de estudos.

O profesorado pode explicar esto ó alumnado, ou se prefire tamén pode entregarlles unha copia das presentacións, pero a caracteristica que imos utilizar é que o profesorado teña entregado en Xefatura de estudos o modelo.

Nesta mesma reunión abordouse o tema da homoxeneización e o MD760101 e acordouse manter o informe tal e como está ata agora pero facendo incidencia nunha dinámica de mellora dos instrumentos incluidos nel por parte do profesorado do centro.

O profesorado comprometeuse a revisar estes informes de homoxeneización e incluir neles o cálculo de notas das avaliacións e final da asignatura.

sábado, junio 10, 2006

Curso de Auditores internos, AENOR

Os pasados días 2 e 3 de xuño tivemos en Sanxenxo un curso monogáfico adicado as auditorías internas.

Este curso foi impartido por persoal de AENOR, é resultou ademais de ameno e entretido moi interesante na resolución de dubidas sobre as auditorías e coñecemento da NORMA ISO 9000.

Os amplos coñecementos do poñente e a súa peculiar maneira de desenvolverse nun terreno hostil de traballo, nos cautivaron a todos, facendonos pasar unhas xornadas que poderían ter sido moi áridas, nuhas xornadas de traballo sobre a temática das auditorías difíciles de esquecer.

Desta maneira termina o curso 2005-2006 no canto as reunións da rede G5a e non sabemos que máis pode ocurri con nos e o noso grupo de centros que non temos ciclos de formación profesional.

Polo pronto seguuiremos traballando con todo isto da calidade e xa veremos como comenza o curso que ven...