A Calidade no CPI Atios

miércoles, diciembre 22, 2004

Segunda reunión do grupo de mellora

O lúns 20 de decembro de 2004 reunimonos outra vez o grupo de mellora para poder entregar os modelos dos procedementos que temos que elaborar para a seguinte Xuntanza da rede de calidade G5a en Sanxenxo.

Os modelos dos procedementos son os de acollida (PR6202) e o da programación (PR750101)
pero por un problema alleo a organización, o centro e a todo o persoal, a fotocopiadora quedouse sen toner e non se puideron facer as copias para todos, co que só tiñamos 3 copias para todo o grupo de mellora.

Emprazamos a reunión ata o día seguinte.

O martes 21 de decembro o problema persiste, pois agora xa non é que non haxa toner, senón que o toner non é o indicado para a nos copiadora. O deixamos para o día seguinte.

O mercores 22 rematan as clases por este ano 2004 e temos o festival. Imos deixar todo para o ano que ven.

BO NADAL 2004 e feliz e prospero ANO 2005

martes, diciembre 14, 2004

Primeira reunión do Grupo de Mellora

O día luns 13 de decembro tivo lugar a primeira reunión do grupo de mellora do centro, ás 11:15 horas e cunha duración estimada de 15 minutos.

Nesta reunión pretendíase entregar a documentación acadada nas reunións anteriores en Sanxenxo.

O primerio que fixemos foi fixar as normas de conducta para as reunións:
  • Puntualidade
  • Non saír da zona de influencia
  • Respecto ó moderador
  • Actitude constructiva
  • Tentar que exista un un bo clima de traballo
  • Evitar conversas paralelas
  • Asunción de responsabilidades
Todos estes puntos foron aceptados por os asistentes a esta primeira reunión e tamén nela, decidiuse que sempre se nomearía a un secretario/a que levantase acta da reunión e un moderador que moderaría as reunións, e estes cargos serán sempre elexidos de forma rotatoría, e non é posible negarse.

martes, diciembre 07, 2004

Segunda xuntanza en Sanxenxo (2 e 3 de decembro de 2004)

Cos deberes feitos e despois de recoller as informacións xeradas polos representantes do grupo de mellora, chegamos a Sanxenxo a directora do centro e o responsable de calidade.
Nas sesións de traballo, longas e intensas, aprendemos a recoñecer os procedementos e a súa nomenclatura.
Os traballos encargados para o próximo encontro foron: a realización dos seguintes procedementos e documentos relacionados con eles:
  • PR4101: procedemento de identificación, deseño, implantación e revisión de procesos
  • PR4201: prodecemento de elaboración do manual de calidade e manual de procedementos
  • PR6202: procedemento de acollida ó persoal
  • PR750101: procedemento de programación