A Calidade no CPI Atios

lunes, diciembre 18, 2006

Segundas xornadas en Sanxenxo do grupo G5ab

Convocousenos para estas xornadas os días 14 e 15 de decembro, e co traballo de levar un procedemento e todos os documentos asociados a este procedemento para facer un exercicio de audioría interna na xornadas.

Nos levamos o PR6202 Acollida o persoal e o PR7401 Compras, PR7402 Verificación de pedidos e PR7403 Xestión de provedores.

Ademais de levar as non conformidades que temos levantads dende a implantación do sistema de calidade no centro.

Nas xornadas nas que mais que facer unha practica de auditoría tivemos una resolución de moitas dubidas e aclaracións do proceso de auditorias e certficacións. O noso centro non puido mostrar os seus documentos por falta de tempo.

Voltouse a facer unha solicitude de temporalización para a realización das auditorías internas e o noso centro e o centro de Poio outra vez expusimos a nosa condición de xa ter feita a auditoría interna nos meses de marzo e maio respectivamente e estar esperando dende entón para chamar a AENOR.

Como obxectivo positivo e cumprido nesta reunión foi o de establecer as datas do mes de marzo coma referencia para facer un encontro dos centros da zona de Ferrolterra (IES As Telleiras, IES Ricardo Carballo Calero e CPI de Atios).

Esta xornada de encontro servirá para que intercambiemos as experiencias de cada un dos nosos centros nos outros centros do entorno, compartindo estas experiencias co profesorado dos centros educativos implicados neste proxecto.

martes, diciembre 05, 2006

Xornadas de boas prácticas e mellora continua

Os días 30 de novembro e 1 de decembro celabraronse en Santiago de Compostela unhas xornadas sobre a Calidade na educcación. Nestas xornadas o noso centro estivo representado pola directora do centro e o responsable de calidade.

Nestas xorndas ademais de concluir que a calidade é unha tendencia que cada vez se está a imponer nos eidos educativos ademais dos empresariais. Os centros da antiga rede G5a tivemos a resposta clara e concisa do Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de que todos os centros desta rede G5a teremos o seu apoio e dirección no proceso de certificación iniciado, ainda que pola titularidade dos nosos centros non pertenzamos de maneira directa a súa Dirección Xeral (pois a maioría de nos somos CPI, CEIP, ou IES sen formación profesional).