A Calidade no CPI Atios

miércoles, octubre 29, 2008

GRUPO DE MELLORA

O grupo de mellora é o encargado de elaborar e desenrolar o Plan de mellora e tamén de colaborar cando sexa necesaria a revisión dalgún procedemento. A maioría das reunións serán dentro do horario lectivo, hai unha lista na sala de profesores para anotarse, sería convinte que houbera profesorado de todos os niveis educativos. Animádevos a apuntarse. Tedes de prazo ata principios de novembro.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Todos os departamentos e ciclos deben ter actualizado ou revisado o MD760101 Comunicación dos criterios de avaliación vixentes á Xefatura de estudios. A modificación ou revisión dos criterios debe facerse constar nunha acta de reunión de departamento ou ciclo, asemade é necesario deixar unha copia impresa na carpeta "Criterios de avaliación" no despacho de Xefatura.
A presentación dos criterios de avaliación deberá facerse dueante o mes de outubro e é o paso imprescindible para realizar o procedemento de calibración no mes de novembro.
Lembrar tamén a obriga de presentar as programacións a aqueles que aínda non a entregaron e que debe quedar rexistrada unha copia da presentación de asignatura en Xefatura.

lunes, octubre 20, 2008

REGALCA: 2ª e 3ª ACCIÓN FORMATIVA

A rede galega de calidade convoca unha reunión de formación os días 10 e 24 de outubro para os directores e responsables de calidade dos centros educativos certificados dentro das súas accións formativas.

A 2ª reunión leva como título: EXCELENCIA NA COMUNICACIÓN PERSOAL cunha duración de 8 horas.
A 3ª reunión titúlase: O TEMPO UN RECURSO MOI VALIOSO tamén cunha duración de 8 horas.

Ambas accións formativas forman parte do programa de elaboración de proxectos de iniciación a EFQM e se celebraran no Hotel J. Carlos I de Sanxenxo en horario de 09:00 a 19:00 h.

domingo, octubre 19, 2008

PROGRAMACIÓNS DEPARTAMENTOS-CICLOS

O luns 20 de outubro remata o prazo para subir as programacións (MD75010101) á páxina web do centro, lembrade que este ano o modelo inclúe un apartado para engadir as competencias.

Cada profesor deberá deixar tamén unha copia do MD75010404 Presentación da asignatura-área nunha carpeta no despacho da xefatura de estudos. Todos aqueles profesores que queiran que a presentación apareza na páxina deberán poñerse en contacto co responsable de calidade e proporcionarlle unha copia en soporte informático (por correo electrónico, memoria USB....)

jueves, octubre 09, 2008

AVALIACIÓN INICIAL

A avaliación inicial terá lugar para tódolos niveis educativos o martes día 21 de outubro. Os titores teñen á súa disposición nos casilleiros dos titores o modelo MD75010402. Informe do profesor.

Cada titor/a debería pasar ó profesorado do seu grupo este modelo unha semana antes da avaliación e o profesorado deixar este modelo polo menos o día antes nas casillas dos titores.

As casillas dos titores atópanse na sala de calidade.

O MD75010402 tamén serve para recabar información do profesorado ma metade da avaliación ou cando os titores o estimen convinte.

martes, octubre 07, 2008

1ª REUNIÓN COMISIÓN AUTOPROTECCIÓN

A 1ª reunión da comisión de autoprotección do curso 2008-2009 tivo lugar no Consello Escolar do día 30 de setembro. A orde do día foi a seguinte:
- Elección da nova comisión (á espera de eleccións parciais do consello)
- Calendario de actuacións
- Tarefas para a seguinte reunión

DOCUMENTACIÓN INICIO CURSO

Todo o profesorado deberá ter ó día no pricipio de curso os seguintes documentos:

CADERNO PROFESOR:
- Guía profesorado nova incorporación (MD620202)
- Instruccións caderno (ME75010406)
- Ficha alumno (EI/EP (1º C / 2º C /3º C)/ESO)
- Programación impartida (EI/EP/ESO)
- Calendario anual / trimestral
- Horario
- Parte incidencias / Solicitude permiso / Plano centro / Normas convivencia / Normas inicio curso / Acta departamento
- Listas cursos
- Espazos optativas

CADERNO TITOR
- Ficha do alumno
- Programación desenvolvida Titoría
- Copia do PAT
- Entrevista Pais / Nais

- Entrega de programacións e presentacións das asignaturas.

Asemade todos debemos lembrar garda-los rexistros do curso anterior: exames setembro, fichas alumnado, programación impartida, entrevistas coas familias...

INICIO CURSO 2008-2009


Neste segundo ano coa certificación de calidade segundo os requisitos da norma UNE-EN ISO 9001-2000 contamos cun pouco máis de experiencia e tentaremos seguir mantendo a certificación e mantendo unhos criterios de calidade que nos leven a facer mellor as cousas.
Este ano hai moito profesorado novo, tanto en primaria coma en secundaria e desexamos a todos unha pronta e boa incorporación ó noso centro.

Agardamos que a implantación do sistema de calidade signifique unha mellora para todo o profesorado e o alumnado e que sigamos implicados na marcha deste proxecto.
O persoal docente ten á súa disposición na páxina web tódolos documentos necesarios para comezar o curso.

Benvidos a todos e animadevos a participar no blog.