A Calidade no CPI Atios

miércoles, mayo 26, 2010

5ª REUNIÓN GRUPO DE MELLORA

GRUPO DE MELLORA



O martes día 25 de maio na sala de calidade tivo lugar a 5ª reunión do grupo de mellora do curso 2009-2010.
Os asuntos a tratar foron os seguintes:

- Revisión e seguemento do Plan de mellora.

- Informar da auditoría externa.

- Novos criterios de avaliación de EI

- Modificación na ficha de actividades extraescolares

- Proxecto Abalar
Na reunión decidíronse os cambios dos modelos de ficha de alumno de EI e varios cambios nos indicadores de calidade do Plan de control dos procedementos. Grazas a todos pola vosa colaboración.

miércoles, mayo 12, 2010

PROXECTO ABALAR

CONCESIÓN DO PROXECTO ABALAR O CPI ATIOS

Dentro da política de mellora continua, o CPI Atios pediu a inclusión no novedoso proxecto ,da Conselleria de Educación,  "Abalar" e esta semana recibimos a comunicación de que nos foi concedido.

O proxecto  convertirá a máis de 200 colexios e institutos en centros educativo dixitais:

- Arredor de 14.500 rapaces de primaria e secundaria disporán de cadanseu ordenador ultraportátil
- O proxecto investirá na súa primeira fase máis de 12 millóns de euros en dotación de recursos, formación e ferramentas para a integración das TIC no ensino
- As familias, e todos os membros da comunidade educativa, participarán activamente nesta modificación do sistema ensinanza-aprendizaxe
- ABALAR contará cun portal web no que se dará resposta ao alumnado con necesidades educativas específicas

martes, mayo 11, 2010

Comisión de Coordinación Pedagóxica 4 MAIO 2010

Na CCP do 4 de maio de 2010 se informou a todos os Xefes de Departamento asi como as Coordinadores de Ciclo do resultado da Auditoria Externa de Aenor asi de la renovación da Certificación de Calidade tras superar a mesma.

Grazas a todos/as os que participastedes ma mesma e os animo a seguir na mesma liña.

ENQUISAS SATISFACCIÓN

ENQUISAS SATISFACCIÓN
Durante o mes de maio estanse a pasar as enquisas de medición do grado de satisfaccción ás familias, ó alumnado e ó persoal docente e non docente do centro. A final de curso enviarase unha circular ás familias intentando respostar ás observacións que se escribiron nas enquisas.Agradecemos a todos/as a sua colaboración. Grazas