A Calidade no CPI Atios

martes, noviembre 16, 2004

Os representantes do grupo de mellora van a Sanxenxo

Os días 11 e 12 de novembro os catro representantes do grupo de mellora están presentes nas xornadas especiais para eles que celebráronse en Sanxenxo.



Nestas xornadas dirixidas polos mesmos titores que dirixen a nosa certificación, os membros do CPI Atios foron animados a traballar pola calidade no centro e tiveron tempo de poder facer execrcicios prácticos que lles servirán para as diferentes reunións que imos ter o longo do curso.

viernes, noviembre 05, 2004

Creación do Grupo de MELLORA

Despois da primeira reunión en Sanxenxo, tiñamos que crear un grupo, encargado de facer o traballo que tiñamos que ir entregando os nosos titores a medida que pase o tempo. Este grupo ten o nemo de GRUPO DE MELLORA e os seus compoñentes terán unha certificación o final do curso da Xunta de Galicia conforme traballaron nunha actividade de innovación educativa.

Para a elección do persoal primeiramente publicouse nun taboleiro unha lista aberta os posibles partcipantes (durante 3 días). Que sorpresa cando de repente tiñamos a 14 persoas apuntadas:

  • Rita López Castro(Xefatura de estudios infantil e primaria)
  • Juan Luis Allegue Iglesias (Xefatura de estudios de secundaria)
  • Cristina Martinez Romero (Dep. de Orientación)
  • Mª Carmen Hermida García ( Pedagoxía Terapeutica Educ. Primaria)
  • Elena Pérez Regueiro (Dep. de Ciencias Naturais)
  • Carmen Cuesta Garcia (Dep. de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais)
  • Alejandro Vilela González (Dep. de Tecnoloxía)
  • Eva Mª Couce Coba (Dep. de Lingua e Literatura Castelán)
  • Guadalupe Dacosta López (Dep. de Lingua e Literatura Castelán)
  • Jose Carlos Vázquez Montero (Dep. de Matemáticas)
  • Daniel Díaz Viqueira (Dp. de Educación Musical)
  • Mª Consuelo Garcia Santalla (Dep. de Lingua Extranxeira Inglés)
  • Graciela Grande Veloso (Dep. de Lingua e Literatura Galega)
  • José Manuel Cruz Regueiro (3º ciclo de educación primaria)
  • Mª Carmen Boquete Castro (Lingua Inglesa educación primaria)
De estes os elexidos para asistir a reunión dos representantes dos grupos de Mellora os días 11 e 12 de novembro en Sanxenxo son:
  • Rita López Castro(Xefatura de estudios infantil e primaria)
  • Juan Luis Allegue Iglesias (Xefatura de estudios de secundaria)
  • Carmen Cuesta Garcia (Dep. de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais)
  • Daniel Díaz Viqueira (Dp. de Educación Musical)

lunes, noviembre 01, 2004

A Primeira Reunión - 28 de outubro de 2004

Ainda que para esta primeira reunión tiñamos un pouco de medo o descoñecido, fumos a Directora e o Responsable de Calidade para Sanxenxo convencidos de que esto era algo interesante, pero cal foi a nosa sorpresa cando por todas as bandas chegaban informacións confusas e aterradoras do tipo:
  • Non sabeis donde os habeis metido ...
  • Isto e moito chollo...
  • Isto e todo papeleo e burocracia...

Pero todos estes comentarios tornaronse por ilusións cando coñecimos os nosos titores deste proxecto.

Xerardo e Vicente (Director e Responsable de calidade además de Vicedirector do IES DAVIÑA REI de Monforte de Lemos)

Eles impulsaron as nosas ilusións e fixeronos esquecer todos os comentarios que recordamos do primeiro intre.

Na primeira cea na que contactamos co resto dos grupos ( pois as reunións asisten os directores e responsables dos centros de todas as redes que estan a funcionar, i.e. R1, R2, R3, R4 e R5a e R5b) tivemos cara de perdidos e novatos nestas lides.

O día seguinte a maratoniana reunión dende as 9:00 ata as 18:00 despexounos un pouco máis as nosas ganas de por a funcionar o centro nesto da Calidade.

Compromisos da primeira reunión:
  • Animar o resto do centro a esto da Calidade, seremos o primerio CPI da Zona que está loitando pola certificación e o segundo de Galicia)
  • Formar un grupo de MELLORA para poder traballar no centro.
  • Elexir catro membros do Grupo de Mellora para a súa asistencia a un curso intensivo de dúas sesións en Sanxenxo para os días 11 e 12 de Novembro
  • Conseguir a implicación dos xefes de departamento e ciclos do centro, asi coma da xunta directiva.