A Calidade no CPI Atios

miércoles, septiembre 19, 2007

Inicio curso 2007-2008

Este é o primeiro curso que contamos coa certificación de calidade segundo os requisitos da norma UNE-EN ISO 9001-2000. O traballo de todos estes anos levounos por fin a acada-lo obxectivo.
Agardamos que a implantación do sistema de calidade signifique unha mellora para todo o profesorado e o alumnado e que sigamos implicados na marcha deste proxecto.
Este ano houbo un cambio do responsable de calidade debido á marcha de Miguel de Castro a outro centro, o principal é que o sistema non se basea en personas senón en procedementos, agardemos que este cambio non afecte demasiado á marcha do curso.
O persoal docente ten á súa disposición na páxina web tódolos documentos necesarios para comezar o curso.
Benvidos a todos e animadevos a participar no blog.