A Calidade no CPI Atios

lunes, octubre 19, 2009

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA


A avaliación de diagnóstico 2009, que se celebrará o próximo mércores día 21 de outubro en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten cuarto curso de educación primaria e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria.
Os alumnos que actualmente cursan 3ºESO e 5º de EP terán que facer mañán as diferentes probas correspondentes a avaliación diagnóstica co seguinte horario:
-09:50 a 10:50 PRIMEIRA COMPETENCIA
-10:50 a 11:15 RECREO
-11:30 a 12:30 SEGUNDA COMPETENCIA
-12:30 a 12:50 RECREO
-13:05 a 13:50 CUADERNILLO
-14:15 a 15:05 CLASE NORMAL

viernes, octubre 16, 2009

GRUPO DE MELLORA


O grupo de mellora é o encargado de elaborar e desenrolar o Plan de mellora e tamén de colaborar cando sexa necesaria a revisión dalgún procedemento. Este curso 2009-2010 estamos neste grupo 21 profesores/as.´

Xa estamos organizando os diferentes grupos para intentar mellorar o funcionamento do centro e a dianamización das diferentes actividades.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN



Todos os departamentos e ciclos deben ter actualizado ou revisado o MD760101 Comunicación dos criterios de avaliación vixentes á Xefatura de estudios.

A modificación ou revisión dos criterios debe facerse constar nunha acta de reunión de departamento ou ciclo, asemade é necesario deixar unha copia impresa na carpeta "Criterios de avaliación" no despacho de Xefatura.

A presentación dos criterios de avaliación deberá facerse durante o mes de outubro e é o paso imprescindible para realizar o procedemento de calibración no mes de novembro.

Lembrar tamén a obriga de presentar as programacións a aqueles que aínda non a entregaron e que debe quedar rexistrada unha copia da presentación de asignatura en Xefatura.

jueves, octubre 15, 2009

PROGRAMACIÓNS DEPARTAMENTOS-CICLOS


PROGRAMACIÓNS DEPARTAMENTOS-CICLOS
O martes 13 de outubro remata o prazo para subir as programacións (MD75010101) á páxina web do centro, lembrade que este ano o modelo inclúe novos apartados para engadir as competencias, o Plan Lector e o Plan sobre as TICs.
Cada profesor deberá deixar tamén unha copia do MD75010404 Presentación da asignatura-área nunha carpeta no despacho da xefatura de estudos.
Todos aqueles profesores que queiran que a presentación apareza na páxina deberán poñerse en contacto co responsable de calidade e proporcionarlle unha copia en soporte informático (por correo electrónico, memoria USB....)

A AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

A avaliación diagnóstica terá lugar para os niveis educativos de 5º de EP e 3º da ESO o mércores día 21 de outubro.

AVALIACIÓN INICIAL


A avaliación inicial terá lugar para tódolos niveis educativos o martes día 20 de outubro.
-Os titores teñen á súa disposición nos casilleiros dos titores o modelo MD75010402. Informe do profesor.
-Cada titor/a debería pasar ó profesorado do seu grupo este modelo unha semana antes da avaliación e o profesorado deixar este modelo polo menos o día antes nas casillas dos titores.
-As casillas dos titores atópanse na sala de calidade.
-O MD75010402 tamén serve para recabar información do profesorado ma metade da avaliación ou cando os titores o estimen convinte.

DOCUMENTACIÓN INICIO CURSO


DOCUMENTACIÓN INICIO CURSO
Todo o profesorado deberá ter ó día no pricipio de curso os seguintes documentos:
CADERNO PROFESOR:
- Guía profesorado nova incorporación (MD620202)
- Instruccións caderno (ME75010406)
- Ficha alumno (EI/EP (1º C / 2º C /3º C)/ESO)
- Programación impartida (EI/EP/ESO)
- Calendario anual / trimestral
- Horario
- Parte incidencias / Solicitude permiso / Plano centro / Normas convivencia / Normas inicio curso / Acta departamento
- Listas cursos
- Espazos optativas
CADERNO TITOR
- Ficha do alumno
- Programación desenvolvida Titoría
- Copia do PAT
- Entrevista Pais / Nais
- Entrega de programacións e presentacións das asignaturas
.Asemade todos debemos lembrar garda-los rexistros do curso anterior: exames setembro, fichas alumnado, programación impartida, entrevistas coas familias...

INICIO CURSO 09-10



Neste terceiro ano coa certificación de calidade segundo os requisitos da norma UNE-EN ISO 9001-2000 contamos cun pouco máis de experiencia e tentaremos seguir mantendo a certificación e mantendo unhos criterios de calidade que nos leven a facer mellor as cousas.
Este ano hai moito profesorado novo, tanto en primaria coma en secundaria e desexamos a todos unha pronta e boa incorporación ó noso centro.
Agardamos que a implantación do sistema de calidade signifique unha mellora para todo o profesorado e o alumnado e que sigamos implicados na marcha deste proxecto.
O persoal docente ten á súa disposición na páxina web tódolos documentos necesarios para comezar o curso.
Benvidos a todos e animadevos a participar no blog.