A Calidade no CPI Atios

miércoles, diciembre 21, 2011

SESIÓNS AVALIACIÓN

Os días 14,15,19 e 20 de decembro foron as sesións de avaliación. Lembrar a importancia dos titores neste proceso e que dende que as sesións de avaliación teñen lugar coas actas de avaliación de calidade o proceso é mais concreto e centrándonos máis no importante.
Esta avaliación as sesións de avaliación desenrolaronse en xeral dun xeito moi satisfactorio. esto indica o nivel de compromiso do profesorado co sistema de calidade. A seguir traballando

domingo, diciembre 11, 2011

2ª REUNIÓN DE DELEGADOS


O mércores 09 de decembro celebrouse a 2ª reunión da Xunta de delegados
Nesta reunión trataronse os seguintes temas:
Presentación á Xunta de delegados dos tres alumnos elexidos como representantes do Consello Escolar.
Problemas xurdidos nas distintas clases.
Suxerencias, queixas e reclamacións.
O alumnado vai pouco a pouco mostrandose máis participativo nas reunións.

lunes, diciembre 05, 2011

1ª AVALIACIÓN


Os días 14 e 15 de decembro serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos de E.I. e E.P.
Os días 19 e 20 de decembro serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos de E.S.O.


Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.

Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.

Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia.