A Calidade no CPI Atios

lunes, marzo 15, 2010

REUNIÓN TITORES

REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA


Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o venres día 17 de marzo para Infantil, Primaria e ESO na sala de calidade no seguinte horario:

17 marzo Titores de Infantil e Primaria: 12:30 h

17 marzo Titores de Secundaria: 13:15 h

Os asuntos a tratar serán os seguintes:

- Actas de avaliación de calidade.

- Claves de apoio e criterios de conformidade

- MD75010401 Recollida de datos para a avaliación.

2ª AVALIACIÓN. PROFESORADO


Os días 22 e 23 de marzo  serán as avaliacións nos diferentes niveis educativos do CPI de Atios.

Lémbrase a todo o profesorado a necesidade de cubrir o MD75010401.Recollida de datos para a xunta de avaliación, e deixalo nas casillas da titoría a semana antes da avaliación.

Asemade lembrar a importancia de ter actualizados os diferentes modelos de fichas de alumnado, programación impartida nas materias e nas titorías, as actas de cada departamento ou órgano do centro, revisar os criterios de avaliación de cada departamento ou ciclo e continuar a utilizar o Xdat para os gastos, o inventario e as actividades extraescolares.

Recoméndase tamén ós titores cubrir as actas de avaliación con pulcritude e dilixencia.

miércoles, marzo 03, 2010

3ª REUNIÓN XUNTA DE DELEGADOS

REUNIÓN XUNTA DE DELEGADOS

O día 03 de marzo reúnense os delegados de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:

- Páxina web do centro

- Problemas do alumnado

- Suxerencias, queixas e reclamacións

- Posibles melloras nas insatalacións do centro

Durante a reunión debateuse sobre a utilidade da páxina, o interese que ten para o alumnado e as visitas realizadas. Abordaronse os posibles problemas nos grupos e volveuse a lembrar a existencia das SQR (suxerencias, queixas e reclamacións).


martes, marzo 02, 2010

INFORME AUDITORIA INTERNA 2010


INFORME AUDITORÍA INTERNA
En primeiro lugar, hai que destacar que o procedemento de auditoría interna, difícil polo esforzo de planificación e loxística que implica, resultou como estaba previsto en todas as actividades planificadas, e dacordo co horario previsto na axenda de auditoría. A actividade académica cotiá do centro só se viu alterada na medida en que un evento deste tipo é imprescindible que o faga, pero non máis.
As conclusións da auditoría son satisfactorias polo grao de implantación do sistema de calidade no centro educativo a pesar da renovación do claustro.
De xeito resumido podese dicir que, despois da posta en común dos auditores, tanto do centro coma externos, detéctanse 4 non conformidades do sistema e os auditores presentan 7 observacións ou suxerencias ó sistema para que poida ser mellorado.
Cómpre resaltar que neste curso 09-10 houbo unha renovación do profesorado importante tanto en educación primaria coma en secundaria, en total 13 profesores novos nun claustro de 51, asimilar o sistema de calidade non é tarefa fácil para os que chegan pero polo resultado da auditoría parece que este proceso levouse a cabo de xeito satisfactorio.

A disposición do persoal do centro, tanto das funcións auditadas como do profesorado obxecto de revisión, ten sido de plena colaboración, a pesares da dificultade de asimilar unha dinámica tan novedosa e que, con frecuencia, inspira tantos recelos, como a que supón un sistema da calidade en xeral, e unha auditoría interna moi en particular.

Nese senso, é obrigado felicitar a todo o persoal deste centro polo seu traballo e responsabilidade e pola confianza amosada nas persoas que con ilusión por mellorar e proxectar o centro o máis posible, lideran este difícil reto.
Un dos puntos fortes que alabaron os auditores/as foi a informatización do sistema de calidade e a páxina web do centro. Agora é tempo de adicarse a traballar sobre o material que xurdeu na auditoría, mellorar e incrementar as características de calidade e seguir, entre todos, avanzando na mellora do noso centro