A Calidade no CPI Atios

miércoles, junio 01, 2005

Septima reunión da rede G5a en Sanxenxo

Os días 28 e 29 de maio celebrouse en Sanxenxo a derradeira reunión deste curso 2004-2005 dos grupos de calidade. Estas reunións reanudaranse o vindeiro curso 2005-2006, xa teremos información detallada destes axuntos no próximo mes de setembro.

Nesta última reunión cada centro na rolda de centros expuso os traballos realizados durante o curso, e nós presentamos o noso sistema de xestión documental e os traballos realizados polo centro para o tema de calidade.

Rematada a reunión e cos parabens das vacacións para todos os centros, os titores nesta vez tampouco esquenceronse de mandar un traballiño para o verán, os procedementos que temos que facer, ainda que pequenos e curtos son 7:
  • PR8201 Medición da satisfacción dos clientes
  • PR8202 Suxerencias, queixas e reclamacións de clientes
  • PR8401 Análise de datos
  • PR8501 Planificación e xestión da mellora
  • PR8502 Accións correctivas
  • PR8503 Accións preventivas