A Calidade no CPI Atios

miércoles, mayo 25, 2005

Décima reunión do grupo de mellora

O pasado dia 24 de maio reunimonos os compoñentes do grupo de mellora para terminar de redactar os procedementos que tiñamos de entregar este mes nas reunións da rede G5a.

Estes procedementos son:
  • PR5501 Estrutura organizativa e comunicación interna
  • PR7101 Planificación docente (do curso escolar)
  • PR7201 Elaboración, revisión e comunicación da oferta educativa do centro
  • PR7202 Matriculación
  • PR7502 Entrega de cualificacións e titulacións

Con todos os seus documentos asociados.

Este curso implantase de forma inmediata o PR7202 de matriculación para realizar este proceso este ano de forma procedementada.

jueves, mayo 12, 2005

Novena reunión do grupo de mellora

O día 10 de maio celebrouse a reunión cos compoñentes do grupo de mellora para poder terminar a confección dos cadernos do profesorado para todos os niveis educativos do centro, educación infantil, educación primaria e educación secundaria.

A conclusión da reunión foi a de terminar de estructurar os datos do alumnado na ficha rexistro e realizar os documentos asociados a temporalidade do curso, como o calendario por trimestres, o calendario de realización de tarefas e o calendario de vistas dos titores legais do alumno/a o centro.

Na proxima reunión voltaremos para rematar o caderno do titor.

lunes, mayo 09, 2005

Sexta reunión da Rede G5a en Sanxenxo

Os pasados días 28 e 29 de abril celebrouse en Sanxenxo a sexta xornada de encontros das redes. Despois do traballo realizado nos centros e trala rolda de centros, comprobamos que todos os integrantes do noso gupo imos moi parellos nas tarefas realizadas e ainda que o traballo foi moito todos estamos contentos ca nosa participación no proxecto da rede G5a.
Nas diferentes sesións de traballo anunaciase que de agora en diante o ritmo de traballo vai ser menor, pois a parte máis gorda xa está traballada.
Ainda que temos traballo por facer cara adiante, todo vai ser máis relaxado.
O máis importante que temos agora é o de presentar os cadernos do profesor e titor para o curso entrante.
Tamén nas xornadas anunciase o concurso por parte da Xunta de Galicia para centros educativos que esten en posesión da certificación e outros centros que ainda non certificados presentes plans de mellora educativa...
Máis información no DOG 29-4-2005 Orde do 25 de abril de 2005 pola que se convocan premios ás actuacións de calidade na educación postas en marcha por centros públicos de niveis non universitarios


miércoles, mayo 04, 2005

Presentación do Sistema Documental na web

O pasado día 3 de maio presentouse a todo o claustro o sistema de transmisión documental do sistema de calidade implantado ata a data de hoxe para favorecela entrega da información relativa a calidade através da rede, tanto en internet coma na intranet propia do centro.

A esta base de datos documental faise entrada pola propia páxina do centro en internet:

http://centros.edu.xunta.es/cpideatios (Co enlace o sistema de calidade.)

A entrada o sistema documental está restrinxida por usuario e contrasinal, pero podes acceder o sistema usando o usuario: admin, contrasinal: atios para poder acceder e velo sistema.