A Calidade no CPI Atios

lunes, enero 24, 2005

Terceira xuntanza da rede G5a en Sanxenxo

Os pasados días 20 e 21 de xaneiro, despois dunha semana moi dura de traballo para poder ter todos os deberes a punto, os responsables dos centro integrados nas redes de calidade
xuntámonos de novo en Sanxenxo.

Na reunión discutíronse temas importantes e relativos a conceptos moi concretos, sobre todo relacionados coas programacións e memorias de infantil e primaria. Temas que os titores non tiveran en conta, pois o seu centro é un IES e o noso é un CPI.

Ademais de corrixir os problemas xurdidos no traballo, establecéronse as tarefas para a seguinte xuntanza:
  • PR5401, Procedemento de elaboración do cometido, a visión e os valores.
  • PR5402, Procedemento de elaboración do plan estratéxico.
  • PR5403, Procedemento de elaboración do plan anual.

viernes, enero 14, 2005

Cuarta reunión do Grupo de Mellora

Reunímonos o xoves 13 de xaneiro para redactar todos os procedementos que tiñamos que levar a Sanxenxo os días 20 e 21 de xaneiro.

Comezou a reunión ás 16:30 na sala de profesores, lendo e modificando os procedementos que os titores nos pasaron para poder traballar sobre eles.

Foron catro horas de intenso traballo, nas que os integrantes do grupo de mellora foron pasando pola sala de profes e marchando para desenvolver as súas diferentes tarefas como docentes e algunha que outra cuestión persoal...

Delfina exerceu de moderadora e Graciela de secretaria. As decisións tomadas foron plasmadas na redacción dos 4 procedementos e os traballos encargados para o persoal do grupo de mellora eran os seguintes.
  • Juan Luis Allegue: Revisar modelos de programacións e memorias de secundaria
  • Graciela Grande: Revisar a programación do departamento de actividades complementarias e extraescolares.
  • Cristina e Carmen Hermida: Revisar a programación do departamento de orientación
  • Juan Luis Allegue, Graciela Grande e Alejandro Vilela: Realizar un modelo de visita o centro.
  • Alejandro Vilela: Estudiar a base de datos do Xade.
  • Rita López: Estudiar a forma de realizar as programacións e memorias de educación infantil e primaria.
  • Miguel de Castro: Adaptar os procedementos e modelos a estrutura e deseño propios do centro.

miércoles, enero 12, 2005

Terceira reunión do grupo de Mellora

O martes 11 de xaneiro de 2005 os membros do Grupo de mellora, reunímonos durante o recreo de secundaria na sala de profesores. Alí o responsable de calidade entregou a documentación que non puidera facilitar antes.

Quedamos para unha reunión de traballo na tarde do xoves 13 de xaneiro na sala de profesores, onde definiriamos a redacción dos procedementos e tódolos modelos e recursos.

martes, enero 11, 2005

Comeza o ano 2005

O luns 10 de xaneiro de 2005 comezan as clases e se convoca ó grupo de mellora para unha reunión de traballo urxente o martes 11 de xaneiro ás 11:15 horas na sala de profesores.

O tema a tratar era cando podiamos reunirnos para escribir e discutir os procedementos que tiñamos que levar á Xuntanza de Sanxenxo do 20 e 21 de xaneiro.
Recordamos: PR4101, PR4201, PR6202 e PR 750101 e todos os seus recursos, normas, rexistros e modelos.