A Calidade no CPI Atios

jueves, abril 21, 2011

PROXECTO ABALAR



Dentro da política de mellora continua, o CPI Atios esta a desenvolver durante este curso o proxecto "Abalar"
O proxecto convertirá a máis de 200 colexios e institutos en centros educativo dixitais:

- Arredor de 14.500 rapaces de primaria e secundaria disporán de cadanseu ordenador ultraportátil

- O proxecto investirá na súa primeira fase máis de 12 millóns de euros en dotación de recursos, formación e ferramentas para a integración das TIC no ensino

- As familias, e todos os membros da comunidade educativa, participarán activamente nesta modificación do sistema ensinanza-aprendizaxe

- ABALAR contará cun portal web no que se dará resposta ao alumnado con necesidades educativas específicas.

lunes, abril 18, 2011

RESULTADO AUDITORÍA SEGUEMENTO de AENOR


Os días 11 de abril pasamos a auditoría de seguemento e renovación de AENOR. O resultado da auditoría foi moi satisfactorio non se atoparon non conformidades e so algunhas observacións.
Agradecer a toda a comunidade educativa o seu apoio e colaboración e agradecer sobre todo ó claustro de profesores (en especial ós que foron auditados) o seu traballo, compromiso e total cooperación na auditoría.



Grazas a todos.

miércoles, abril 13, 2011

AUDITORÍA AENOR 2011


Os día 11 de abril teremos a auditoría de seguimento de AENOR na que se fará un analise do sistema de calidade implantado no centro segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2008. A auditora será Noelia Cea Guitián que é a Técnico Responsable do noso expediente. Animámosvos a todos a ter toda a documentación ó día e colaborar e participar en todo o posible na auditoría.