A Calidade no CPI Atios

lunes, noviembre 24, 2008

2º REUNIÓN DO GRUPO DE MELLORA 08-09

O luns día 24 de novembro está convocada a 2ª reunión do grupo de mellora do curso 2008-2009 na sala de calidade no seguinte horario:
Infantil e Primaria: 12:15 h
Secundaria: 13:15 h
Pódese asistir a calqueira das dúas horas se o profesorado ten libre esa hora.

Os asuntos a tratar son os seguintes:
- Plan de mellora do curso 08-09: obxectivos e responsables,

REGALCA. 4º ACCIÓN FORMATIVA

A rede galega de calidade convoca unha reunión de formación os días 20 e 21de novembro para os directores e responsables de calidade dos centros educativos certificados dentro das súas accións formativas.

A 4ª reunión leva como título: AS 7 FERRAMENTAS DA CALIDADE cunha duración de 8 horas.

Ambas accións formativas forman parte do programa de elaboración de proxectos de iniciación a EFQM e se celebraran no Hotel J. Carlos I de Sanxenxo en horario de 09:00 a 19:00 h.

O xoves 20 pola tarde celebrouse unha xornada de exposición de traballos por parte dos centros certificados entre eles o CPI de Atios e o venres tivo lugar o curso onde se expuseron as ferramentas básicas para o tratamento dos datos que xorden dos mecanismos de control do sistema de calidade.

jueves, noviembre 13, 2008

XUNTA DE DELEGADOS

O día 14 de novembro reúnense os delegados e subdelegados dos cursos 5º e 6º de educación primaria, e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:

- Formación e constitución da xunta de delegados.
- Funcións da xunta de delegados.
- Elección do presidente da xunta de delegados.
- Información das funcións dos representantes no consello escolar.

miércoles, noviembre 12, 2008

1ª REUNIÓN GRUPO DE MELLORA 08-09

O mércores día 12 de novembro está convocada a 1ª reunión do grupo de mellora do curso 2008-2009 na sala de calidade no seguinte horario:
Infantil e Primaria: 12:15 h
Secundaria: 13:15 h
Pódese asistir a calqueira das dúas horas se o profesorado ten libre esa hora.

Os asuntos a tratar son os seguintes:
- Formación do grupo de mellora do curso 08-09
- Plan de mellora do curso 08-09
- Procedementos a revisar durante o curso

domingo, noviembre 09, 2008

SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS. SQR.

Lémbrase a toda a comunidade educativa, tanto alumnos como familias como persoal docente e non docente, a posibilidade de aportar suxestións, realizar queixas ou formular reclamacións a través do modelo MD820201. Estes modelos están a disposición de todos/as en conserxería e en secretaría. Estes modelos poden deixarse nos buzóns colocados para ese fin en secretaría ou en conserxería.