A Calidade no CPI Atios

domingo, abril 30, 2006

Reunión en Sanxenxo da rede G5a

Os pasados días 27 e 28 de abril tivemos en Sanxenxo unha das derradeiras reunións de titoría da rede G5a.

Nesta reunión ademáis de revisar as redaccións das non conformidades e a redacción das accións reparadoras, correctivas e preventivas a que dan lugar estas non conformidades do noso centro, establécese que seguinte centro a ser auditado será o CEIP de Lourido en POIO, Pontevedra.

Así que veremonos alí no mes de maio.

jueves, abril 06, 2006

O informe da auditoría

Despois da sesión da auditoría interna, tocanos facer o informe final da auditoría, aínda que cos datos nasans, esta laboura é dura e costosa para un centro e un responsable de calidade que ten que facelo por primeira vez.

De todos os xeitos tiñamos a axuda inestimable unha vez máis dos nosos titores que brindaronse gustosos a correxir e revisar os documentos feitos por nos.

Desta maneira o informe final da auditoría queda como sege e pode verse neste enlace.

Agora temos que intentar arranxar estas non conformidades e continuar o traballo para poder acadar a certificación pola empresa certificadora.

martes, abril 04, 2006

Auditoría INTERNA

Continuando ca docencia dos grupos de Sanxenxo neste ano 2006 e unha vez finalizada a temática dos procedementos, tocanos implantar o sistema de Calidade no Centro.

Para demostrar o grao de implantación tivemos unha auditoría interna na que acudiron os nosos compañeiros do grupo de calidade da rede G5a, o noso centro educativo.

Dende a tarde do xoves, estivemos alonxados no Hotel Río do Pozo de Narón. Tivemos un trato exquisito e algúns disfrutaron dun circuíto no SPA. Xa pola noite tivemos unha cena de encontro no mesmo hotel e comezmos a preparar a auditría interna que teríamos na xornada seguinte.

As 9:00 horas desprazamonos dende o hotel ata o centro e despois dunhas breves novas de presentación comenzou o proceso de Auditoría do sistema de calidade.

Auditouse todo o sistema de forma global poo que auditaronse a todas as figuras representativas do centro, dirección Xefatura de estudos, orientación, secretaría, mantemento, Responsable de Calidade e por suposto o profesorado tanto de educación infantil, primaria e secundaria.

Despois de ter unha comida no centro para o profesorado que participou na auditoría como persoal observador e para os integrantes da rede G5a e os nosos titores (Vicente Docasar e Gerardo Manrique), estivemos paseando pola beira do mar ata a sesión vespertina.

Xa as 16:00 horas comenzamos a redacción do informe da auditoría no que se recollen 23 non conformidades e 23 observacións ou suxestións dos auditores para mellorar o funcionamento do sistema.

A pesar destes datos numéricos a sensación do traballo ben feito circulaba polo ambiente e nos non recibimos mais que felicitacións e parabens, que facemos extensibles o resto de compañeiros do centro CPI de ATIOS.