A Calidade no CPI Atios

jueves, noviembre 25, 2010

REUNIÓN TÍTORES

REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o martes, día 30 de novembro na sala de calidade no seguinte horario:

Titores de Infantil e Primaria: 12:05 h e Titores de Secundaria: 13:10h

Os asuntos a tratar serán os seguintes

Actas de avaliación

Claves de apoio e criterios de conformidade

MD75010401 Recollida de datos para a avaliación

domingo, noviembre 21, 2010

SQR

SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS. SQR.

Lémbrase a toda a comunidade educativa, tanto alumnos como familias como persoal docente e non docente, a posibilidade de aportar suxestións, realizar queixas ou formular reclamacións a través do modelo MD820201.
Estes modelos están a disposición de todos/as en conserxería e en secretaría. Estes modelos poden deixarse nos buzóns colocados para ese fin en secretaría ou en conserxería.

viernes, noviembre 19, 2010

GRUPO DE MELLORA 2ª SESIÓN

TEMAS TRATADOS:
- Revisión do plan de mellora
- Melloras a introducir no plan
- Asignación de responsables a cada proxecto
- Incorporación de profesorado novo

NOVOS TEMAS XURDIDOS NA REUNIÓN
- Creación dun grupo específico para tratar a revisión dos modelos documentais
- Darlle un novo pulo os recursos informáticos do centro
- Plantexase a posibilidade de facer un protocolo para uso da fotocopiadora

jueves, noviembre 18, 2010

CALIBRACIÓN DO PROFESORADO

CALIBRACIÓN DO PROFESORADO

Segundo o procedemento PR7601 homoxeneización de criterios e calibración, e para dar cumprimento a norma ISO 9000, o profesorado que imparta clases dentro do mesmo nivel educativo, e no mesmo curso e na mesma asignatura pero en grupos de aula diferentes debería calibrarse.

¿Qué significa calibrarse?Pois ben, baixo este nome, definese a certeza de cumprimento dun criterio ou criterios que quedan expostos nos criterios de avaliación presentados en Xefatura de estudos o principio de curso para cada un dos departamentos didácticos da ESO ou cada un dos ciclos de Educación infantil e primaria polo profesorado que imparte clases no mesmo nivel pero en diferentes grupos.

Para levar a cabo a calibración celebrarase unha reunión do profesorado que desexa calibrarse co seu coordinador de ciclo ou xefe de departamento, na que se elaborará a acta de calibración do profesorado MD760102.A calibración poderá ser cuantitativa ou cualitativa, aínda que existe a posibilidade de que cada quen a faga como mellor lle pareza, sempre seguindo os seus criterios de avaliación.

Para non ter dúbidas de como ten que realizarse as calibracións existe un Método explicativo do proceso a seguir, ME760101.

Lembrade que o profesorado que se calibre nun curso non terá que volver a facelo outra vez cos mesmos compañeiros ata despois de tres anos.

viernes, noviembre 12, 2010

XUNTA DE DELEGADOS

O día 11 de novembro reúnense os delegados e subdelegados dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:
- Formación e constitución da xunta de delegados.
- Funcións da xunta de delegados.
- Elección do presidente da xunta de delegados.
- Información das funcións dos representantes no consello escolar