A Calidade no CPI Atios

miércoles, noviembre 01, 2006

Reunión en Sanxenxo do grupo G5

Os día 26 e 27 de outubro reunimonos en Sanxenxo o integrantes das redes G5a e G5b co gallo de establecer un calendario de auditorías internas, e auditorías externas e certificacións por AENOR.

Nesta xornada coñecimos os novos titores do grupo, que sin saber nin como nin porqué son outros que os que o grupo G5a tiña asignados dende un principio do proxecto.

Este novo grupo dea rede G5ab conta con centros do grupo G5b e do anterior G5a continuamos a xente de Poio, Celanova, Muxía, Ferrol e nos Valdoviño.

Coñecimos as inquedanzas da Consellería en canto a nosa certificación e a Dirección xeral da que imos depender neste proxecto.

O noso centro e máis o centro de Poio expresamos a nosa condición de centros que xa tiveron a auditoría interna e as nosas inquedanzas por ter canto antes a visita previa de AENOR. Pois unha demora nas datas fará que teñamos que cambiar as datas previstas para as auditorías internas establecidas no Plan de auditorías incluido na revisión do sistema.

Nun principio non haberá problema en poder ter canto antes a vista previa, pero aínda non temos ningunha data establecida.