A Calidade no CPI Atios

viernes, abril 24, 2009

RESULTADO 2ª AUDITORÍA SEGUEMENTO AENOR

O día 22 de abril pasamos a 2ª auditoría de seguemento de AENOR. O resultado da auditoría foi moi satisfactorio con 2 non conformidades menores e 6 observacións.
Agradecer a toda a comunidade educativa o seu apoio e colaboración e agradecer sobre todo ó claustro de profesores (en especial ós que foron auditados) o seu traballo, compromiso e total cooperación na auditoría.
Grazas a todos.

viernes, abril 17, 2009

AUDITORÍA AENOR

O mércores día 22 de abril teremos a 2ª auditoría de seguemento de AENOR na que se fará un seguimento do sistema de calidade implantado no centro segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2000. A auditora será Noelia Cea Guitián que é a Técnico Responsable do noso expediente. Animámosvos a todos a ter toda a documentación ó día e colaborar e participar en todo o posible na auditoría.

martes, abril 14, 2009

CCP ABRIL

Na reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica do mes de abril tratamos varios temas relacionados coa calidade:
- Gardar os exames na sala de pais nos lugares habilitados.
- Cubrir as enquisas de formación do curso de UBUNTU e entregalas ó responsable de calidade.
- Analise nas avaliacións das causas e das accións a levar a cabo nos grupos Non conformes respecto ó número de materias suspensas.
- Hai espazos que non teñen o nome toponímico de Valdoviño, os que queiran poñerlle un que contacten co responsable de calidade.
- Auditoría externa: terá lugar o 22 de abril

miércoles, abril 01, 2009

6ª REUNIÓN GRUPO DE MELLORA

Cónvocase a todos os componentes do grupo de mellora a unha reunión que terá lugar o venres día 3 de abril na sala de calidade no seguinte horario:

Infantil e Primaria: 12:15 h
Secundaria: 13:15 h

Pódese asistir a calqueira das dúas horas se o profesorado ten libre esa hora.

Os asuntos a tratar serán os seguintes:

- Revisión e seguemento do Plan de mellora.
- Revisión do modelo de programación.
- Plan lector, Plan TIC.

3ª REUNIÓN XUNTA DE DELEGADOS

O día 01 de abril reúnense os delegados e subdelegados dos cursos 5º e 6º de educación primaria, e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:
- Páxina web do centro
- Problemas do alumnado
- Suxerencias, queixas e reclamacións
- Posibles melloras nas insatalacións do centro
Durante a reunión debateuse sobre a utilidade da páxina, o interese que ten para o alumnado e as visitas realizadas. Abordaronse os posibles problemas nos grupos e volveuse a lembrar a existencia das SQR (suxerencias, queixas e reclamacións).
Un novo tema xurdido na reunión foi a creación dun blogue para os alumnos con enlace dende a páxina do centro. Trataremos de poñelo en marcha para o vindeiro curso.